14 may 2014
Análise da peche de camas no verán
Ante o anuncio de pechaduras de camas durante o próximo verán nos hospitais galegos a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar que:
- Esta medida contribuirá a incrementar o número de pacientes en espera quirúrxica, que non deixa de crecer cada ano como consecuencia da política de recortes de recursos humanos e materiais da sanidade pública galega.
- Que a pechadura de camas durante os meses de verán crece de xeito exponencial e cada ano, alcanzado a cifra de 641 camas en relación ao ano 2009
- Que contrariamente ao que afirma o SERGAS estas pechaduras teñen unha evidente repercusión sobre as listas de espera cirúrxica, que aumentan unha media do 21% nos meses de verán (de xuño a setembro), en estreita relación co peche de camas neste período (15% de media anual).
- Por todo iso consideramos inadmisible que mentres crecen as listas de espera increméntense os peches de camas no verán coa finalidade de aforrar uns miles de euros a costa prolongar a situación de incerteza de miles de enfermos en espera de intervención.
- Estes recortes de recursos están tamén dirixidos a favorecer a privatización da asistencia xa que a Lei de Garantías, recentemente aprobada, pretende desviar a centros privados aos pacientes que estean máis de 60 días nas listas de espera.



Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: