9 may 2014

postheadericon O PSdeG-PSOE interésase pola antiga Casa do Médico do Hío

Á Mesa do Parlamento
Carmen Acuña do Campo, Manuel Vázquez Fernández, Carmen Gallego Calvar e María Quintas Alvarez, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego.
Os veciños e veciñas de Cangas teñen manifestado en múltiples ocasións o rexeitamento ao proxecto do alcalde, de rehabilitar con cartos públicos a antiga Casa do Médico do Hío como falso substitutivo da infraestrutura que durante anos veñen demandando, un centro de saúde en Aldán.

Segundo información facilitada pola propia consellería, esa proposta da alcaldía xa fora descartada ao non ser tecnicamente adecuada para situar nela un centro de saúde atendendo á normativa vixente.
Sen embargo, algún xornal estes días informaba de que o alcalde persistía na idea inicial de rehabilitación cun novo proxecto.
Este asunto xa foi obxecto de varias iniciativas e debates por parte do Grupo Parlamentario Socialista, pero ante a confusión e preocupación reinante, motivada pola falta de transparencia do responsable do concello, as deputadas e o deputado que asinan formulan as seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:

  1. É coñecedora, a Consellería de Sanidade, do novo plan do alcalde de Cangas de rehabilitar a antiga Casa do Médico do Hío para “consultorio médico”?
  2. Ese proxecto se axusta aos estándares do Sergas sobre deseño e equipamento para os centros de saúde?
  3. Vai aportar a Xunta de Galicia fondos para emprender estas obras de rehabilitación?

Pazo do Parlamento, 8 de maio de 2014

Asdo.: Carmen Acuña do Campo
Manuel Vázquez Fernández
Carmen Gallego Calvar
María Quintas Alvarez

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger