26 abr. 2014

postheadericon A totalidade do movemento asociativo do Hío volveu manifestarse polo centro de saúde

Texto lido ao remate da manifestación de hoxe, sábado, 26 de abril:


MANIFESTO

BOAS TARDES

Veciñas e veciños, grazas por estar hoxe aqui reivindicando o CENTRO DE SAÚDE 0 HÍO-ALDÁN.

Xa fai uns cantos anos que @s veciÑ@s do HÍo empezaron a loita para conquerir un Centro de SaÚde digno, xa que, independendetemente de onde vivan, teÑen dereito a unha sanidade pública e de calidade.
Fagamos un pouco de historia:
As asociacións veciñais da parroquia comezaron a reunirse para intentar entre todas e todos conseguir ese centro. Foron pasando os anos e déronse pasos neste sentido ata que na anterior lexislatura, o goberno tripartito, sensibilizado coa problemática, buscou posibles terreos para poner a disposición do SERGAS e poder construir así o tan demandado e necesario Centro de Saúde. Uns terreos non eran axeitados, ben pola situación (equidistantes das dúas parroquias), ben polo prezo..., ata que se atoparon uns que cumprían cos requisitos esixidos pola Consellería.

O Concello de Cangas conseguiu mercar ditos terreos por 400.000 euros, cartos de tod@s @s veciñ@s de Cangas. Despois de moitos atrancos e demoras e xa nesta lexislatura, foron aceptados pola Xunta, asignada unha partida orzamentaria de 50.000 euros para o proxecto no ano 2011 e outra de 270.859 euros nos orzamentos de 2012.
As directivas das asociacions reuníronse varias veces con responsables do Sergas en Santiago para solicitar información sobre o proxecto e os prazos de execución. A resposta foi que se estaba cumprindo cos prazos previstos. Pero para sorpresa dos veciñ@s, cando se fixeron públicos os orzamentos de 2013, desaparecera a partida destinada para o Centro de Saúde 0 Hio-Aldán. Despois de solicitar varias reunións na Consellería para informarse, non houbo resposta. Tamén se presentaron varias mocións plenarias por parte da oposición municipal do Concello de Cangas que se rexeitaron ou se converteron en papel mollado.
Despois de todo o exposto, e non tendo contestación aos escritos enviados, houbo unha nova reunión, esta vez con representantes dos grupos que conforman o Parlamento galego, e á que asistiron parlamentarias do PSOE, AGE e BNG, recibindo unha carta do PP explicando a non asistencia porque eles SI estaban traballando no tema. A día de hoxe non se sabe nada.
Despois desta reunión na Comisión de sanidade da Xunta de Galicia parlamentarias dos grupos da oposición preguntáronlle ao Director Xeral do Sergas pola situación en que se atopaba o Centro de Saude 0 Hio-Aldán.
O Director Xeral respostou que "o entorno económico non era doado e o Sergas estaba a facer unha planificación rigorosa dos seus cartos e a ser responsables cos límites orzamentarios". Da súa comparecencia pódese extraer que está rematado o proxecto -aínda que non foi presentado ás asociacións- e que o Centro se fará cando a situación económica o permita. Ante as reiteradas preguntas da oposición de por que estaba contemplada a construción doutros centros que non apareceran nos orzamentos anteriores, a resposta foi que eses centros SI eran prioritarios.
Entón..., o Centro de Saúde do Hío-Aldán non o é?
Sabemos que o país está padecendo unha crise forte, pero hai unhas prioridades e a sanidade é unha delas. Non permitamos que non sexa de tod@s, non permitamos que só uns poucos teñan acceso a ela.
Seguindo coa historia:
A pesares de todo iso, as Asociacións do Hío non quedaron paradas senón que seguiron demandando o Centro con diversas movilizacións:
  • Acudindo aos plenos do Concello
  • Manifestándose diante do Parlamento galego durante o debate dos orzamentos de 2014 nos que, un ano máis, non había consignada partida presupostaria para o Centro de Saúde, partida que o Partido Popular, como non, votou en favor da súa aprobación.
  • Solicitando a través dos grupos da oposición na Cámara galega información sobre a construción do Centro de Saude, e
  • Convocando esta nova manifestación.
As Asociacións da Parroquia do Hío berran:
Non queremos máis enganos cada vez que se convocan eleccións
Nin consultorios médicos que non cumpren a lei e son un atranco para certos usuarios. Esiximos a construción do Centro de Saúde O Hío-Aldán.

GRAZAS POR ESTAR HOXE AQUÍ. XUNTOS PODEMOS CONSEGUILO.

NON MÁIS DEMORAS.
QUEREMOS PRAZOS DE EXECUCIÓN DAS OBRAS.
ESIXIMOS UNHA SANIDADE PÚBLICA E DE CALIDADE.

CENTRO DE SAUDE XA!!!!!

ASOCIACIÓNS ASISTENTES:
ASOCIACIÓN DE VECIÑ@S DE DONÓN
ASOCIACIÓN DE VECIÑ@S DE IGREXARIO
ASOCIACIÓN DE VECIÑ@S DE LIMÉNS
ASOCIACIÓN DE VECIÑ@S DE NERGA
ASOCIACIÓN DE VECIÑ@S DE PINTÉNS
ASOCIACIÓN DE VECIÑ@S DE VILANOVA
ASOCIACIÓN DE VECIÑ@S DE VILARIÑO
ASOCIACIÓN DE VECIÑ@S DE VIÑÓ
ASOCIACIÓN O ARCO DE VILANOVA
ASOCIACIÓN XIMALVEIRA
ASOCIACIÓN SOAVELA
ASOCIACIÓN MULLERES ESCOLA VELLA
ASOCIACIÓN O GHATO DE VILARIÑO
ASOCIACIÓN AFARTACÁNS
ASOCIACIÓN FURATOXOS
ANPA DO COLEXIO PÚBLICO DO HÍO
ANPA DA ESCOLA INFANTIL DO HÍO
COMUNIDADE DE MONTES DO HÍO
ASOCIACIÓN EIRA VELLA DE DONÓN
ASOCIACIÓN MAZAROCA

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas