26 abr 2014
A AGDSP denuncia o incremento nas listas de espera en Galicia
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere denunciar, unha vez máis, o incremento das listas de espera en Galicia, consecuencia da política de recortes no gasto, actividade e persoal sanitario, que veñen desenvolvendo a Consellería de Sanidade coa escusa de facer fronte á crise e garantir o pago do rescate dos bancos e do endebedamento cos mercados de capitais.
- O número de pacientes en espera cirúrxica experimentou un incremento substancial desde o ano 2009, pasando de 34.403 a 38.106 pacientes (contabilizada na mesma data de 31 de marzo), o que supoñen 3.703 pacientes máis en espera de operación.

- No caso dos pacientes en espera quirúrgica de máis de 12 meses o incremento foi moito máis importante, pasando de 148 pacientes en 2009 a 833 en 2014 (un pouco maior que na mesma data do pasado ano)

- En canto ao tempo medio de espera quirúrxica o empeoramento tamén foi importante, pasado de 71 a 83 días (12 días máis de espera media)

- Os tempos para realizar probas diagnósticas en Resonancia Magnética, intervencionismo vascular ou endoscopia dixestiva (por escoller algunhas das máis representativas) tamén experimentaron un importante aumento.
- Para rematar queremos denunciar, por enésima vez o escurantismo e maquillaxe das listas, dado que os chamados buzóns almacenan numerosos pacientes que non conta en situación de espera e seguen sen publicarse os datos das listas non estruturais que segundo estudos da nosa asociacion, realizados nalgunhas localidades, poden supoñer tantos pacientes como os publicados.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo


0 comentarios: