3 mar 2014
Contra a Lei de Garantías Sanitarias por privatizadora
Diante da entrada en vigor este 1º de marzo, da Lei de Garantías Sanitarias a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar que:
- Esta Lei só pretende trasladar as intervencións cirúrxicas de miles de galegos á sanidade privada, ao permitir que quen estea máis de seis meses en listas de espera poida acudir a un centro privado (ou aínda a outro hospital de Galicia). Nestes momentos hai máis de 75.000 persoas que superan este tempo de espera e debido aos recortes de actividade e de persoal sanitario as listas seguen aumentando.
- Esta medida descapitalizara aínda máis a sanidade pública xa que se traslada unha enorme cantidade de recursos económicos aos centros privados para pagar estas intervencións, o que xunto aos recortes orzamentarios e os novos canons a pagar ás multinacionais privadas polos servizos externalizados abocan ao sistema a creba económica.
- Outra consecuencia negativa será o aumento das desigualdades dado que os gastos de trasladarse a outras áreas para ser intervidos son elevados para os pacientes e os familiares que os acompañan e coidan. Máis do 60% da poboación asalariada gaña menos de 1.000 euros mensuais e a pensión media en Galicia é inferior a 800 euros, o que fará imposible que miles de galegos poidan elixir estes traslados (o mesmo que acudir a calquera centro privado para operarse, pagar pola intervención e logo esixir o reembolso ao SERGAS como contempla tamén esta Lei).
- O resto das medidas da Lei constitúen un refrito de dereitos xa existentes, que mesmo se recortan, como o dereito a unha segunda opinión.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: