13 feb 2014

postheadericon Paremos o desmantelamento da sanidade pública na Área de Vigo

A continuación reproducimos o texto do manifesto lido ao remate da manifestación en Vigo deste xoves, 13 de febreiro.

PAREMOS O DESMANTELAMENTO DA SANIDADE PÚBLICA NA ÁREA DE VIGO
O Presidente Núñez Feijoo e a Conselleira de Sanidade acaban de modificar a distribución dos hospitais aos que se mandan as e os pacientes, co argumento de equiparar a mesma oferta e demanda a poboación nas tres áreas de referencia e reducir as largas listas de espera na área de Vigo.
Estes argumentos son falsos e apreciase unha clara intencionalidade política, dado que é fácil concluír que a nova ordenación non persigue mais obxectivo que a potenciación do Complexo Hospitalario de Santiago, a expensas do detrimento do de Vigo.

Esta medida descapitaliza a Sanidade Pública da Área de Vigo, de Pontevedra e do Salnés, molesta á cidadanía e atenta contra os intereses profesionais, o nivel científico, a docencia e a investigación do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.  
É un novo paso no deterioro voluntario que Núñez Feijoo aplica a sanidade pública galega en forma de recortes, xubilacións forzosas, reducións de profesionais, fondos e prestacións que se complementa coas diversas privatizacións e copagos. 
No caso da nosa Área sanitaria é unha agresión máis que se suma á privatización do Novo Hospital de Vigo. 
O Sur de Galicia nunca quixo nada mais que o que outras teñen pero non vai permitir que os xustos froitos do esforzo da súa cidadanía e da súa contribución económica a Galicia sexan subtraídos con esta nova agresión.

Una marea Cidadá impedirao !!! 
Somos as primeiras e primeiros en xenerosidade pero non as últimas nin os últimos en defender o público e en esixir o que nos corresponde.
Fai mais de 20 anos que as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública, os colectivos profesionais e a cidadanía de Vigo e comarca vimos loitando contra os primeiros intentos de privatización da Sanidade Pública que aplicou - na nosa Área Sanitaria - quen agora ocupa a presidencia da Xunta: Alberto Núñez Feijoo, un presidente que non é grato en Vigo.
Inauguramos un movemento de denuncia e loita, agora estendido xa por toda Galicia e tamén ao resto do Estado como a vitoria da MAREA BRANCA madrileña demostra.
É unha gran vitoria que celebramos enviando as e os profesionais e ao pobo de Madrid a nosa máis cordial noraboa porque pararon unha política que pretendía acabar coa sanidade pública primeiro alí, pero máis tarde, pouco a pouco, en todo o estado como a pertinaz política da Xunta demostra.

A súa vitoria é a nosa e como nós tamén demostramos, 

SE SE QUERE, PÓDESE!! 
É unha longa tarefa de 20 anos defendendo a sanidade da Área Sanitaria Viguesa e a de toda Galicia, pero si traballamos unitariamente con constancia e intelixencia, poderemos.
Agora Núñez Feijoo e a Conselleira de Sanidade deciden agredir directamente a poboación de referencia do CHUVI e as e os profesionais, retirando 300.000 habitantes da Área de Pontevedra e do Salnés que tiñan ata agora a referencia no Complexo Hospitalario de Vigo e que pasan a depender do Complexo Hospitalario de Santiago (Oncoloxía, Radioterapia, Cirurxía Torácica, Neurocirurxía, Cirurxía Plástica, Cirurxía Pediatra, Fecundación in Vitro, Cardioloxía Intervencionista e Cirurxía Cardíaca).
Subtraen aos Hospitais de Vigo áreas tecnolóxicas vitais, recursos humanos, a dotación tecnolóxica que os acompaña e afectará a calidade dos servizos prestados, o que demostra a continuada actitude da administración de infradotar a área viguesa.
Mentres as demais dispoñen dun hospital público, a área de Vigo, a única resaltamos que conseguiu un novo hospital a pulso, terá un hospital privatizado, encollido, con insuficientes recursos profesionais e tecnolóxicos para atendernos xa na actualidade, non falemos do futuro, tal como convén ao hospital privado, POVISA, que parasita e chantaxea dende a su apertura, fai décadas, á nosa Sanidade Pública, coa complicidade das autoridades da Xunta e que rompe o compromiso polo mantemento do emprego no sector sanitario có despido de traballadoras e traballadores acadado no “Acordo Básico pola Saúde na área Sanitaria de Vigo” do 2006.
E carecen de argumentos. Iso é o que menos importa porque a verdade, na loita pola Sanidade pública é sempre a primeira vítima. Porque se trata de satisfacer ao lobby sanitario de Santiago, tan obediente como próximo ao poder, con unha clara intencionalidade política para descapitalizar a área de Vigo.
Nos encollen xa para anticiparse as intencións de encaixarnos nun novo hospital pequeno que de máis beneficio as empresas propietarias.
En lugar de aumentar as infraestruturas sanitarias, os nosos recursos económicos, o número de profesionais e as dotacións de equipamento e
instalacións, para levar a atención a onde están as persoas usuarias, que seria o sensato, desprazase as mesmas perseguindo alonxados recursos.

Con tal de agredirnos, o mundo ao revés.
Estes recortes que atentan directamente a liña de flotación da Sanidade Pública da área Sanitaria Viguesa, ao non incrementar os recursos da xa insuficiente área sanitaria a pesar dos indicadores demográficos e a demanda real existente, súmanse ós que o Goberno Autonómico aplica a toda a Sanidade Galega.
Aquí ao contrario do que en Madrid, a privatización estase realizando de forma sibilina e a contagotas pretendendo enganar e evitar así unha resposta da cidadanía, coas privatizacións das diversas áreas que o SERGAS foise desprendendo a través de concesións a diferentes empresas con intereses na cúpula do PP, como son:

  • A construción do hospital privado de Vigo.
  • As ampliacións dos complexos hospitalarios de Ourense e do Salnés,
  • A central telefónica de chamadas de cita previa,
  • A alta tecnoloxía diagnóstica e terapéutica,
  • O mantemento dos equipos,
  • A plataforma loxística de medicamentos,
  • O arquivo de historias clínicas,
  • A atención das persoas accidentadas leves de tráfico,
  • As telecomunicacións ou a esterilización...

De momento.

A isto súmanse os copagos en Farmacia e nos Produtos Farmacéuticos de uso hospitalario dos caros tratamentos do cancro, que empobrecen e angustian a quen coa idade e a enfermidade xa ten dabondo.
Queda o persoal sanitario, que  aínda o están tentando a través do modelo que promoven, de unidades de xestión clínica (SOCIEDADE ANÓNIMA) coas que a Consellería busca un silencio cómplice das médicas e médicos co seu intento privatizador, pero non o van conseguir.
A longas listas de espera de determinadas especialidades na área de Vigo, son as consecuencias do déficit de infraestruturas necesarias para cubrir as necesidades asistenciais da poboación, xa dende as transferencias sanitarias e constitución do SERGAS, nos anos 90. O traslado de poboación de referencia non vai a diminuír as demoras cirúrxicas existentes. Por elo esiximos os recursos necesarios para abordar este drama, substituíndo o persoal que se xubila e non queren repoñer, e os recursos necesarios para a apertura dos Hospitais públicos tamén pola Tarde.
Unha vez mais a cidadanía de Vigo, do Morrazo, do Baixo Miño, do Val  Miñor, de toda a área de Vigo vese obrigada a defender na rúa o que lles pertence, o que necesita e o que financia. Estamos fartas e fartos destes incomprensibles e innecesarios castigos. Duran anos e non se lles ve fin.

E non os toleraremos mais!!!
Estamos fartas e fartos de que o raposo esté a cargo das galiñas e que traballe a favor de intereses privados preparando súa porta xiratoria ante un cese que chegara antes que tarde, para intentar salvar o presidente.
O Presidente Núñez Feijoo, é o culpable, o aprendiz de bruxo da xestión sanitaria e é o obxectivo de esta manifestación.
Ou cambia a súa política co Sur de Galicia ou sairá pola porta que as e os profesionais e o pobo de Madrid teñen aberto.
ESTA É, CONSELLEIRA ROCIO MOSQUERA, PRESIDENTE NUÑEZ FEIJOO, UNHA BATALLA FRONTAL; NON SE ENGANEN, COA ÁREA SANITARIA DE VIGO, COS NOSOS HOSPITAIS, COA NOSA SAUDE NON  SE XOGA.

OS RECORTES EN SANIDADE MATAN!! 
CONTRA O RECORTE DOS DEREITOS SANITARIOS
Recortes como os que vai introducir o Partido Popular no Estado co remate do dereito a decidir da Muller, coa modificación da actual lei de prazos do Aborto.
  • NON O DESMANTELAMENTO DA ÁREA SANITARIA. 
  • NON A  PERPETUACIÓN DO CONCERTO CON POVISA. 
  • NON O RECORTE DO PROXECTO DO NOVO HOSPITAL. 
  • NON A PERDIDA DE CALIDADE ASISTENCIAL POLA REASIGNACIÓN DE PACIENTES. 
  • A SANIDADE PUBLICA NON SE VENDE; DEFENDE SE 
  • PAREMOS O DESMANTELAMENTO DA SANIDADE PÚBLICA NA ÁREA DE VIGO 
  • COA NOSA SAUDE NON SE XOGA 

VIVA A SANIDADE PÚBLICA 



0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger