30 dic 2013

postheadericon O BNG pregunta polo concerto de POVISA


Á mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa das súas deputadas Montserrat Prado Cores e María do Carme Adán Villamarín, e do seu deputado Daniel Rodas Chapela, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en comisión, relativa á renovación do concerto singular entre o SERGAS e POVISA.
Segundo unha nota colgada con data 27 de decembro de 2013 na súa páxina web, “o Servizo Galego de Saúde vén de asinar un acordo co centro hospitalario POVISA que recolle a conformidade coa redacción dos pregos que rexerán o novo concerto. Trátase dun concerto de base capitativa, que establece unha cápita de 540 euros e que terá vixencia durante 8 anos, prorrogables por dous máis. Comézase así o trámite administrativo necesario que culminará nun prazo de tres meses coa firma do concerto. Este concerto garantirá a estabilidade do centro hospitalario POVISA e permitirá a libre elección para a súa poboación de referencia”.
Esta información da sinatura dun acordo para a renovación do Concerto Singular de POVISA co SERGAS, non fai máis que confirmar a evidente aposta do Partido Popular á fronte do Goberno galego pola privatización da sanidade pública galega. Reflicte o apoio á sanidade privada frente aos recortes continuos e o desmantelamento da sanidade pública.
Esta renovación, coa mesma fórmula do anterior acordo 2001-2010, por dez anos, 8 anos prorrogábeis por dous máis (que é o período máximo que permite a lei de contratos), supón a entrega a unha empresa privada dunha parte importantísima da atención sanitaria especializada do sur da provincia de Pontevedra, que afecta a 139.000 persoas.
Un acordo que vai supor un custo de 75 millóns de euros anuais, que sairán dos impostos de tod@s @s galeg@s, aos que haberá que engadir outros custes como a facturación dos servizos de referencia de queimados, maxilofacial e ciruxía da man, xa entregados pola Xunta a este centro privado, ou o gasto farmacéutico.
O SERGAS vai renovar un concerto singular con POVISA co mesmo importe económico que anos anteriores a pesares de que reduciron os orzamentos sanitarios en Galiza. No período 2009-2013 levan recortado nun servizo esencial como é a sanidade 369.689.080 millóns de €, recorte sobre recorte.
Este concerto cun centro sanitario privado que triplica as listas de espera media dos centros hospitalarios públicos de Galiza, que leva anos producindo malestar, insatisfacción e preocupación na poboación do Morrazo, Val Miñor e varios barrios de Vigo, obrigatoriamente adscrita para a atención especializada a este centro.
Non hai xustificación para esta enorme subvención pública a un centro privado con serios problemas de eficiencia mentres se recorta asistencia, se abandona a mellora da Atención Primaria, se paraliza a actividade dos hospitais pola tarde. Mentres se introducen todo tipo de copagos a persoas con importantes necesidades asistenciais e baixo nivel de renda, ou se baixan os salarios e condicións laborais d@s traballador@s sanitari@s públic@s.
Por estas razóns, o grupo parlamentar do Bloque Nacionalista Galego presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en comisión:
“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a:
  1. Anular o acordo asinado entre o SERGAS o centro hospitalario POVISA para o establecemento dun novo concerto para a prestación da asistencia especializada na Área Sanitaria de Vigo.
  2. Poñer en marcha todas as actuacións precisas para que a totalidade da poboación desta Área Sanitaria poida ter asistencia especializada na sanidade pública.”
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013

Asdo.: Montserrat Prado Cores
Daniel Rodas Chapela 
Deputada e deputado do G.P. do BNG
María do Carme Adán Villamarín
Portavoz S. do G.P. do BNG

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger