4 ene 2014

postheadericon Despedida dun ano nefasto para a sanidade pública

Despedimos un ano nefasto para os dereitos sanitarios en Galicia cunha sanidade afectada polos recortes, o desmantelamento de servizos e as privatizacións.

  1. Redución do orzamento sanitario público (xa levamos máis de 800 millóns)
  2. Recortes de persoal con xubilacións forzosas aos 65 anos sen reposición e despedimentos de persoal eventual. Os traballadores sanitarios atópanse sumidos no malestar e na desmotivación polas baixadas de soldos (20-25%) e a perda de dereitos laborais. 
  3. Copagos en farmacia para os pensionistas (con incremento de achega no réxime xeral), transporte en ambulancia non urxente, próteses, ortesis e alimentos especiais e a supresión do financiamento a máis de 400 medicamentos moitos pensionistas (en torno ao 17% dos pensionistas non retiran algún medicamento prescrito).
  4. Obrigatoriedade de pagar os medicamentos hospitalarios para enfermidades graves como o cancro e outras enfermidades de elevada mortalidade.
  5. Perdida do dereito á atención sanitaria: O desenvolvemento do RD Lei 16/2012 só garante este dereito a quen cotizan á Seguridade Social deixando fóra a mozos/as, parados/as de longa duración, inmigrantes sen papeis, vulnerando a Constitución e a Lei Xeral de Sanidade. As medidas de atraso na súa aplicación, postas en marcha para evitar o estalido social, son provisionais e non se compren en gran parte dos casos.
  6. Recorte da Carteira de Servizos (creáronse tres, dous das cales obrigan a pagar polos servizos). Comezouse pola reprodución asistida.
  7. Incremento da privatizacións: Novo Hospital de Vigo (un escándalo ao facerse cargo do seu financiamento o SERGAS vulnerando o contrato que obrigaba a realizalo ás Concesionarias); Central de Chamadas; xestión e reposición novas tecnoloxías, central de compras, laboratorio avanzado, etc. (estanse a apoderar de todo o sistema). A firma do Concerto Singular con POVISA para seguir sendo hospital de área é un escándalo económico e sanitario.
  8. Utilización das Unidades de Xestión Clínica como instrumentos para iniciar a privatización dos centros ao transformar os servizos en empresa autónomas con capacidade de competir, fraccionando así os hospitais e creando un mercado sanitario con participación do sector privado. 
  9. Reforma da Lei do aborto destinada a impedir que este dereito sexa exercido polas mulleres, ás que ademais se priva do dereito a decidir sobre o seu corpo.
  10. Persistencia na estratexia de desmantelamento das áreas sanitarias con pechaduras de servizos.
  11. Incremento das listas de espera, especialmente a cirúrxica.
  12. Todo isto constata que a Xunta rendeuse ás políticas do Goberno de Rajoy e da cuestionada Ministra de Sanidade Ana Mato.

Con todo a unidade sindical, co apoio da a Plataforma SOS, permitiu a convocatoria dunha Folga Xeral da Sanidade cun importante éxito de participación profesional e de apoio social.

Aínda que desde as Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública realizamos importantes esforzos para frear este proceso é necesario ampliar a alianza a novos colectivos (creación da  SOS Mocidade, Plataformas Mulleres derecho a Decidir, etc) e mellorar as nosas formas de traballo e de comunicación para frear a privatización e o deterioro da sanidade pública.

2014 deber ser o ano da mobilización total en Defensa da Sanidade Pública, fraguando e ampliando a alianza cidadá cos/as profesionais sanitaros/as e con outros colectivos afectados polos recortes como dependentes, pensionistas, discapacitados/as, etc.

Asociación Gelega para a Defna da Sanidade Pública 

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger