29 dic 2013

postheadericon A renovacion do concerto con POVISA deixa en mans privadas a atención especializada da área sur

Ante a noticia da renovación do Concerto Singular de POVISA co SERGAS (que lle mantén como hospital de área), o día 28 de decembro, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar:
  1. Que a data escolleita para a firma, Día dos Inocentes, correspóndese perfectamente co espírito do acordo xa que supón unha burla aos cidadáns galegos (especialmente aos atendidos por POVISA no Morrazo, Coia e no Valmiñor que soportan unha lista de espera que duplica a dos hospitais públicos, á vez, que reciben menos servizos asistenciais).
  2. A renovación do Convenio por dez anos deixará en mans privadas toda a atención especializada do Área Sur de Pontevedra, unha vez que entre en funcionamento o Novo Hospital de Vigo construído e xestionado de acordo ao modelo PFI.
  3. O Convenio supoñerá para os cidadáns galegos un custo de 75 millóns de euros anuais, sen contar o gasto farmacéutico nin a facturación dos servizos de referencia de queimados, maxilofacial e ciruxía da man cedidos pola Xunta a este centro privado. Non parece xusto nin razoable esta enorme subvención pública a un centro privado con serios problemas de eficiencia mentres se recorta asistencia, conxélase a mellora da Atención Primaria, paralízase a actividade dos hospitais pola tarde, introdúcense todo tipo de copagos a persoas con importantes necesidades asistenciais e baixo nivel de renda, ou se baixan os salarios e condicións laborais dos traballadores sanitarios públicos.
  4. Baixo o paraugas da libre elección o Concerto permitirá anualmente a POVISA seleccionar aos seus pacientes atendendo aos seus intereses empresariais xa que lle permitirá captar pacientes e ofertar servizos fóra da súa área actual
  5. A negociación do acordo estivo como sempre rodeada de oscurantismo e falta de transparencia, o que fai temer o peor para os intereses xerais. Os conflitos de intereses entre a empresa e os máis altos cargos da administración sanitaria obríganos a esixir que este Concerto sexa anulado pola futura administración que responda aos intereses reais da cidadanía de Galicia. 

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger