19 nov 2013

postheadericon Xornadas de debate en Pontevedra: Os conflitos de intereses na saúde

ORGANIZADAS POR: PLATAFORMA NONGRAZAS, FARMACRITICXS, FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA (FADSP).
PONTEVEDRA, PAZO DA CULTURA, 22-23 DE NOVEMBRO DE 2013

O obxectivo principal destas Xornadas é analizar a corrupción e os conflitos de interese na saúde, na medicina e no ensino das ciencias da saúde, co propósito de estudiar alternativas de independencia e transparencia, non só como como compromiso ético senon tamén por esixencias estratéxicas dende a economía política da saúde. Para eso convocamos neste encontro  a profesionais da saúde, pacientes, estudiantes, políticos e á cidadanía preocupada polo futuro da sanidade pública.
Os conflitos de interese son as connivencias económicas, persoais ou ideolóxicas… Pola súa complexidade, pero sobre todo pola súa intensidade e extensión incontrolada, constitúen un grave problema político e social e unha severa ameaza para a integridade e fiabilidade da investigación biomédica, a formación profesional, a calidade da práctica asistencial e, en último término, para os dereitos dos pacientes e o futuro e a credibilidade social da Medicina.


Os conflitos de interese habitualmente non saen á luz pública, permanecen ocultos, asumidos como inevitables por unha sociedade acrítica e "medicalizada". Son na súa maioría económicos, nun mundo farmacéutico e de tecnoloxías sanitarias que nas dúas últimas décadas xustifica os medicamentos e os avances médicos polas ganancias empresariais e non polos resultados en saúde, sen apenas relación entre os beneficios para os pacientes e os custos e efectos adversos.
No modelo farmacéutico e tecnolóxico vixente, as forzas do mercado entran frecuentemente en colisión coa provisión de saúde pública, ante o que algúns consideran como a insoportable levidade da política. Polo tanto, á hora das alternativas, é necesario, en primeiro lugar, un cambio nas políticas e na lexislación.
Así, Fiona Godlee, editora do BMJ, reclama con urxencia que Europa dispoña canto antes dunha lei similar á recentemente aprobada polo Senado dos EUA, que esixe á industria farmacéutica declarar todos os pagamentos aos médicos. Non obstante, como afirma Edwin A M Gale: "é necesario un cambio na cultura da medicina, porque coa lexislación non é suficiente". O principio de transparencia é o dereito a unha información obxectiva, fiable e actualizada, pero tamén á participación e a deliberación e a toma de decisións das políticas de saúde pública.
"Libre de fumes"
Estas son unhas xornadas "Libres de Fumes Industriais e Empresariais". É dicir, sen patrocinio da Industria, sen intereses comerciais nin doutra índole. Os congresos, seminarios, cursos e todo tipo de reunións científico-docentes organizadas polas sociedades científicas e asociacións profesionais, teñen que responder a valores de independencia, transparencia, proporcionalidade e progreso científico. Con criterios de austeridade e custos proporcionados nas inscricións (axustados ao seu valor real, de maneira que sexan alcanzables aos presupostos persoais e corporativos) e as compensacións aos relatores-docentes (1).
Nos congresos debe prevalecer o carácter científico e non a dimensión social ou lúdica e menos aínda a súa conversión nunha "unha feira de mostras" como desgraciadamente é habitual, financiada en función dos intereses estratéxicos dos departamentos de mercadotecnia das empresas farmacéuticas.
Como reflexiona John Ioannidis (2), profesor da Universidade de Standford e experto en epidemioloxía clínica e MBE, nun artigo publicado en JAMA acerca dos congresos médicos, "Are Medical Conferences Useful? And for Whom? ": "É o momento de que se extingan como os dinosauros ou de que cambien radicalmente"
(1).Nogracias, Farmacriticx: 41 propostas, 2011. MEDIDA # 32: MEDIDA # 33
(2). Ioannidis JPA. Are Medical Conferences Useful? And for Whom? JAMA. 2012;307 (12):1257-1258.
Nongrazas, Farmacriticxs, FADSP.


PROGRAMA
22 e 23 de Novembro
PAZO DA CULTURA, PONTEVEDRA

Venres, 22 de Novembro
17:00. Inauguración e presentación das xornadas
Ilustrísimo Sr. Alcalde de Pontevedra
Representante de Nongracias
Representante de Farmacriticxs
17:30 Conferencia inaugural
"Corrupción e medicación". Juan Gérvas, Médico xeral, Equipo CESCA (Madrid), profesor da Escola Nacional de Sanidade e da Universidade Autónoma de Madrid.
19:00 Mesa redonda "A influencia indebida". Moderación: Pablo Vaamonde, Médico e escritor, expresidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria.
- O comportamento do prescriptor ante a presión comercial. Bernardino Pardo. Médico rural e presidente de Nongrazas-Galicia.
- As Facultades de Medicina ante os conflitos de intereses. Tania Salgado, estudante de Medicina da OU. de Santiago de Compostela.
- A influencia da industria na formación dos médicos residentes. Carlos Navarro, Médico Residente de Murcia e responsable de Farmacriticxs.

Sábado, 23 de novembro
9:00 Mesa redonda "O negocio oculto" Moderación: Montserrat Prado, deputada do BNG no Parlamento de Galicia.
- Conflitos de interese nas tecnoloxías (e non só nos fármacos). María Luisa Lores, Medica Radiologa, Pontevedra.
- Que regulan as axencias reguladoras? Galo Agustín Sánchez Robles, Farmacéutico de Extremadura, ex membro da Axencia española do medicamento.
- Está a industria detrás das asociacións de pacientes? Luis García Gómez, expresidente do Foro Galego de Pacientes.

11: 15 Como responder aos conflitos de intereses? Carlos Ponte, Médico xubilado e coordinador de Nongrazas.
12:00 Unha lei Sunshine para Europa. Manifesto pola Transparencia e a Integridade. Abel Jaime Novoa, Médico de Familia e Secretario de Nongrazas.

12:45 Mesa de clausura. A corrupción nos programas de austeridade e as privatizacións da Sanidade Pública.
Moderación: Maria del Carmen Acuña. Médica, da Plataforma SOS Sanidade Pública, deputada do PSG-PSOE no Parlamento de Galicia.
- Corrupción no cambio de modelo sanitario. Manuel Martin, Presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP).
- Corrupción nas políticas de saúde da Unión Europea. David Hammerstein, Transatlatic Consumer Dialogue.
- Corrupción e política institucional. Xose Manuel Beiras, Presidente de AG e deputado no Parlamento de Galicia.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger