19 nov 2013

postheadericon 9 e 10 de decembro: Folga Xeral na sanidade pública

  • Non ás privatizacións
  • Non aos copagamentos
  • Non aos recortes
  • Por unha sanidade pública de calidade
  • Por unhas condicións laborais dignas
  • Polo acceso universal á sanidade
  • Pola gratuidade da prestación
Unha onda privatizadora percorre o país
Durante anos, o goberno da Xunta e máis o central impulsaron todo tipo de prvatizacións. Feijoo leva 5 anos na Xunta: nunca un goberno, en tan pouco tempo, fixo tanto dano á Sanidade Publica e ás usuarias e usuarios.

O Señor Feijoo e a señora Mosquera atacan á Sanidade Pública e o seu persoal con privatizacións, co copagamento e cos continuos recortes salariais, de días libres, coberturas de I.T. e minguando cadros de persoal, non repoñendo as xubilacións. Non contratan, e priman a voluntariedade en atención primaria e as horas extras en especializada e a concertación coa sanidade privada.
Para vender a sanidade, queren facelo co mínimo número de traballadores e tralladoras/as públicos/as e aqueles/as que queden terán salarios reducidos e escasos dereitos. Evidentemente, non apostan pola Sanidade Pública, gratuíta no momento do uso, universal e de calidade. Non cren nin queren crer nela. Apostan polo negocio e para iso precisan cadros de persoal precarios, menor cobertura sanitaria para a cidadanía e menor gasto. Cantos menos cartos empreguen en saúde, maiores serán os beneficios das empresas, xa que o seu negocio é a enfermidade.
Privatízano todo: servizos, persoal, tecnoloxía... todo vale, todo pola pasta.
Agora inventan "a pólvora" e aparecen co seu modelo de xestión clínica. As/Os dirixentes do SERGAS preséntano como un fetiche de moda; como se ata o de agora nos hospitais, e en atención primaria, non se fixesen actos de xestión clínica. Non te deixes enganar, con este decreto de xestión clínica, queren seguir precarizando a sanidade e a saúde. Por iso falan dun presuposto pechado e máis reducido. Trátase de aforrar en contratación e en probas diagnósticas: onde poderán expulsar miles de crónicos do sistema. O decreto de xestión clínica non o fan para mellorar, senón para abrir un novo camiño, un máis para privatizar a sanidade. Por iso, no futuro poderán esixir a laboralización do persoal, aínda que o neguen; e por iso modificaron o Estatuto Marco o pasado 25 de xullo, no artigo 65 bis, e así pasar a unha concepción individual do contrato e das condicións de traballo e salario.
Queren pritvatizar, queren austeridade para profesionais e usuarios/as e buscan trasladar a responsabolidade dos recortes ás traballadoras e traballadores. Asinando un "contrato", serán os/as propios/as profesonais quen recorten en cadros de persoal, en probas diagnñóstica; seran elas/as quen xustifiquen o austericidio e a privatización. Non piques, non apoies este modelo de xestión clínica.

Non permitamos esta desfeita, non consintamos que outra vez, e pola porta de atrás, continúen coas privatizacións e nos neguen o DEREITO Á SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E DE CALIDADE e, por suposto, GRATUITA, sen copagamentos nin repagamentos... PORQUE XA A PAGAMOS COS NOSOS IMPOSTOS.

Porque aínda estamos a tempo, porque non queremos que nos siguan recortando dereitos e privatizando a nosa sanidade, CCOO e CIG convocamos FOLGA XERAL NA SANIDADE PÚBLICA GALEGA OS DÍAS 9 e 10 DE DECEMBRO. E queremos a complicidade da cidadanía que sofre os recortes de prestacións e a privatización da sanidade.

Participa! Non te deixes enganar! Non te deixes avasalar!
Sanidade Pública e de Calidade! Condicións Laborais dignas!

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger