19 oct 2013

postheadericon Repuntan as listas de espera de POVISA como resultado da "política de non intervención"


A lista de espera cirúrxica en POVISA volve superar os 200 días de demora media por segunda vez desde que Feijoo chegou á Presidencia da Xunta en 2009. O que ocorreu este último trimestre (o 3º de 2013) tal vez fose algo esperable tras o conflito laboral recente cunha folga que se prologou varias semanas neste verán. Os usuarios e usuarias obrigatoriamente adscritos a este hospital concertado somos os que pagamos as consecuencias da tolerancia da administración coa irresponsabilidade dos xestores privados. A "política de non intervención" na que se escudou a Consellería demostrou unha vez máis que para os responsables do Sergas os e as pacientes somos un elemento secundario. O máis importante, por suposto, é a empresa da que con anterioridade formou parte a Sra. Mosquera.
Son uns números, por outra banda, escandalosos cando aínda o mes pasado a Conselleira sorprendía a todo o mundo no Parlamento de Galicia sacando a luz os resultados dunha consultoría fantasma que concluía que tras a última redución de persoal o hospital funcionaba mellor. De novo a recurrente sonatina neoliberal de "facer máis con menos". Pois velaí están os resultados da salvaxe política de persoal que nos colle de cheo aos sufridores e pacientes de POVISA.
Fracaso tras fracaso, e pechándose en banda a calquer explicación ou diálogo cos afectados e os traballadores do centro hospitalario, moito nos tememos que a estas alturas a única alternativa que queda é pedir a DIMISIÓN da Conselleira e de todo o equipo de incompetentes que a rodea.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger