18 oct 2013

postheadericon A Plataforma no Día Internacional do Cancro de Mama

Desde comezos de mes vénse aplicando o copago para os medicamentos de dispensación hospitalaria. Isto supón que os enfermos/as  de distintas doenzas crónicas e moi graves teñan que pagar o Xeloda®, o Tyverb®, o Afinitor® e o Nabelvine® no caso do cancro de mama e outros para os tumores cerebrais, para a leucemia, a artrite reumatoide, etc.
De novo un inxusto e cruel imposto para as persoas que máis sofren e que se suma á crecente lista que o goberno do Partido Popular ven implantando: próteses, transporte sanitaria e produtos diéteticos. No caso do cancro de mama afecta ás próteses de mama, ás prendas de comprensión, etc.
Compre lembrar, posto que nos estamos a referir a doentes con enfermidades especialmente graves, que simultaneamente á introdución dos copagos para os pensionistas e o incremento para os activos en xeral, xa se tiña aumentado o tope de pago para as aportacións reducidas incidindo en varios medicamentos para o tratamento do cancro: antieméticos como granisetrón (Kitryl®) ou ondansetrón (Zofran®), axentes cetoxificantes para tratamentos antineoplásicos como ácido folínico (Lederfolin® ou Isovorin®), axentes antineoplásicos e inmunomoduladores, incluídos tratamentos hormonais; e analxésicos como o fentanilo e a morfina por vía oral.
No mes de agosto de 2012 máis de 400 fármacos foron  retirados do financiamento público. Antidiarreicos, preparados para a tose, hemorroides, varices, herpes e, entre eles, os protectores de estómago para alivio dos efectos da quimio saíron fóra da carteira pública de medicamentos.
Seguidamente saltou a alarma, a partir dalgunha insinuación saída das filas do partido do PP, de que as mamografías desparecerían da carteira básica de servizos. Posteriores desmentidos  non puideron ocultar as verdadeiras intencións dos nosos gobernantes cando saltou a noticia de que na Comunidade Autónoma de Madrid levaban sete meses sen facer as probas mamográficas preventivas. Utilizouse aos/ás pacientes madrileños/as como cobaias para ensaiar unha previsible reacción social á introducción das mamografías na carteira de servizos suplementaria que é susceptible de copago.
vvv
Unha das primeiras medidas do goberno de Rajoy foi a aprobación en abril de 2012 do fatídico Real Decreto 16/2012, tamén coñecido como o da contrarreforma sanitaria. Un auténtico plan de demolición da sanidade pública. Coa súa entrada en vigor desapareceu o dereito universal á sanidade converténdonos a todos/as en asegurados/as. Desta maneira, só son usuarios/as con dereito aos servizos sanitarios non urxentes os cotizantes á Seguridade Social e os familiares que se poidan incluir nas súas cartillas. Os copagos ou mellor dito repagos, se temos en conta que os servizos públicos xa os financiamos cos nosos impostos, e a creación de tres carteiras de servizos, podendo introducir copagos na suplementaria e na accesoria, indican o comezo dun proceso mercantilización e entrega aos intereses privados do sistema de sanidade pública, conseguido como a educación pública, os servizos sociais, a cobertura do desemprego, as pensións, etc. con duras loitas sociais. Hai dereitos aos que non podemos renunciar.
Desde a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Cangas chamamos a solidariedade de toda a sociedade contra os copagos, os recortes e as privatizacións e reclamamos:
A posibilidade de acceder desde o Morrazo á Unidade Multidisciplinar de Cancro de Mama do Hospital público do Meixoeiro.
A cobertura dos coidados paliativos e da hospitalización a domicilio para a poboación de Cangas e Moaña, como no resto da nosa Área Sanitaria.

Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Cangas

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger