18 oct 2013

postheadericon Chamamento a unha gran alianza e mobilización polos servizos de saúde e socio-sanitarios

O Goberno está embarcado nunha xigantesca manobra de desmantelamento dos servizos públicos básicos: sanidade, atención a discapacidade, pensións e educación,
Recortes en Asistencia Sanitaria Pública de máis de 7.000 millóns de euros con redución da actividade dos servizos asistenciais (o gasto sanitario recortouse nin 7,5% en Galicia dende 2010); peche de centros e reducións de persoal; copagos medicamentos, próteses, traslados en ambulancia ou medicamentos especiais; a supresión do dereito á asistencia a 900.000 inmigrantes, e próximo recorte na carteira de servizos.

Paralización da Lei de Dependencia: Supresión a retroactividade no pago das prestacións económicas, potenciación da colaboración público privada, retraso na incorporación ao sistema das persoas beneficiarias con menor grado de dependencia, recorte da prestación económica dos coidadores non profesionais que perden ademáis pagar a seguridade social, incremento do copago dos beneficiarios nun 50%, revisión das valoracións xa realizadas para reducilas e priorizar os servizos profesionais (a cargo de empresas multinacionais). Esta Reforma do Sistema de Atención á Dependencia supón un recorte de 2.220 millóns de euros en tres anos (160 millóns en Galicia) e deixar sen atención a 256.000 discapacitados (20.000 en Galicia)
Modificación da Administración Local: Destinada a recortar de 1.800 millóns de euros anuais nos servizos sociais que prestan os concellos (servizos de apoio á familia, de prevención e inserción social, vivendas tuteladas, centros de día, infantís e de atención a persoas con discapacidade, comedores de persoas maiores ou servizos de promoción da muller e de atención e acolleita a inmigrantes), deixando sen atención 1.167.784 persoas. A isto hai que engadir outros servizos como as 567 residencias que atende a 30.117 persoas maiores ou 2.718 vivendas tuteladas. Máis de 2,5 millóns de beneficiarios (180.000 en Galicia) deixarán de recibir servizos sociais dos concellos  para trasladalas a Comunidades Autónomas que carecen de capacidade económica polos recortes introducidos nos seus orzamentos pola Ley de Estabilidad Presupuestaria que pretende recortar outros 8.000 millóns de euros 4.068 millóns en 2014 e outros 4.000 no 2015 reducindo o gasto corrente.
Esta política supón que a maior parte da poboación, e especialmente a máis necesitada de asistencia e axuda sanitaria e social, vai quedar desprotexida fronte a enfermidade e a discapacidade. Os aforros previstos nas pensións son de 1.200 millóns de 2014 e de 1.500 no 2015. 
Consideramos urxente articular unha alianza social e profesional en sanidade e servizos sociais que paralice o máis pronto posible esta estratexia. Á mesma deberán estar invitados todas a organizacións cidadás, de usuarios, profesionais, sindicais, políticas, ONGs, concellos, grupos parlamentarios, movementos sociais, etc., superando e aparcando as lexítimas discrepancias políticas ou ideolóxicas.
O Goberno sabe que pode perder as próximas eleccións polo que está acelerando a aplicación destas medidas en todos os servizos e CCAA, para deixar todo ben atado e obrigar ao goberno que gañe a aceptar unha situación de feitos consumados sen posibilidade de marcha atrás.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger