18 jun 2013
Contra a supresión de servizos de atención ás drogodependencias no Ferrol
Ante as denuncias dos traballadores e usuarios da Asociación de Drogodependencias de Ferrol, Asfedro, sobre o risco de peche en agosto por falta de fondos, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, membro da Plataforma SOS Sanidade Pública quere comunicar:
- Que isto deixaría sen cobertura a máis de 1.200 usuarios, 700 dos cales son atendidos por programa de metadona, sen que exista por agora ningunha alternativa para atender aos mesmos. Esta situación afecta á gran maioría dos centros galegos.
- Esta medida supón un novo recorte na atención sanitaria, que afecta a un grupo de poboación especialmente vulnerable e desprotexido
- A decisión de deixar sen financiamento aos centros de prevención e tratamento das drogodependencias afogándoos económicamente, forma parte dunha estratexia perfectamente calculada, que co argumento da necesidade de reducir gasto sanitario por culpa da crise, pretende privar do dereito á saúde e atención sanitaria a toda a poboación, comezando polos máis débiles, como anciáns, pensionistas, discapacitados, mulleres e drogodependentes.
- Desde a nosa Asociación esiximos que de xeito urxente se proceda a solucionar os problemas de financiamento que afectan a todos os centros de Galicia, e que posteriormente se articule unha estratexia (na que participe os colectivos que levan anos traballando neste campo), para integrar a atención ás drogodependencias no sistema sanitario galego, dotada co persoal e os recursos necesarios para atender as necesidades deste colectivo con criterios de racionalidade e calidade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: