19 jun 2013

postheadericon Contra a dotación privada dos servizos de radioterapia en Vigo e A Coruña e a falta de compromiso co Hospital de Lugo

A Asociación Galega para a Defensa da sanidade Pública  rexeita a decisión da Consellería de incrementar a dotación dos servizos de Radioterapia (RT) de xestión privada de Vigo e A Coruña e a súa falta de compromiso co Hospital Universitario de Lugo (HULA).
Trala confirmación por parte da Conselleira de Sanidade da compra de tres novos aceleradores lineales para os servizos de Oncoloxía Radioterápica de xestión privada de Galicia, dúas para Vigo, xestionados por Galaria, e o outro para A Coruña, xestionado polo centro Oncolóxico de Galicia, a AGDSP quere manifestar:

  1. Que debe dotarse en primeiro lugar ao HULA do seu propio servizo de Oncoloxía Radioterápica, esixido reiteradamente pola súa poboación, para evitar que máis de 600 pacientes (629 no ano 2009) deban acudir á Coruña para recibir o seu tratamento (máis de 12.000 sesións cada ano)
  2. Que a actividade asistencial do servizo de RT de Galaria está diminuíndo debido á creación no ano 2009 do servizo de Oncoloxía Radioterápica no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU), co que se evita o traslado de ao redor de 700 pacientes anuais.
  3. Que trala posta en marcha do servizo no HULA tamén diminuirá a carga de traballo do servizo da Coruña
  4. Que as alternativas de financiamento apuntadas son inasumibles para a AGDSP:
  • O pago mediante unha taxa por paciente, asegurándolle un número mínimo de pacientes á empresa que instala o equipo pode supoñer un incentivo perverso con respecto á seguridade dos pacientes, xa que a radioterapia é un tratamento invasivo que supón riscos e debe aplicarse só cando é estritamente necesario, sen  inxerencias na decisión facultativa.
  • Con respecto ao financiamento mediante gasto corrente, este non dá máis de si tralos recortes, especialmente en Vigo onde a Consellería ten comprometido un gasto de 68 millóns de euros ( IVA) cada ano a partir de 2014 para o NHV, que se comería máis da metade deste orzamento, imprescindible para o funcionamento dos centros públicos.
  • Existen experiencias suficientes que confirman o incremento significativo do custo dun equipo que se financia mediante o contrato de mantemento.
  • Parécenos indefendible financiar os novos equipos mediante taxas aos pacientes. Como profesionais sanitarios rexeitamos rotundamente que os enfermos con cancro teñan que pagar as sesións de radioterapia que reciban.
  • Consideramos que o equipo de RT do HULA é o único imprescindible e con esta adquisición sumariamos 14 aceleradores en Galicia, igualando a taxa de 5,3 equipos/millón de habitantes de España.
  • O financiamento do Servizo de radioterapia do Hula debe ser pública, xa que non podemos fiarnos das iniciativas de financiamento privado, sobre todo tralo fiasco do NHV.
Na AGDSP rexeitamos a xestión privada da alta tecnoloxía de Galicia xa que os intereses destas empresas frean o desenvolvemento da sanidade pública e esperamos que os xefes de servizo do SERGAS non apoien as propostas da Consellería de potenciación da iniciativa privada e en detrimento dos hospitais públicos e dos seus profesionais.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger