12 ene 2013

postheadericon Moción aprobada por unanimidade no Pleno do Concello do 11 de xaneiro sobre a construción do Centro de Saúde de Aldán-O Hío

No proxecto de Lei de orzamentos da C.A. de Galiza para 2013 non aparece recollido o Centro de Saúde de O Hío-Aldán, máis outra mostra do tratamento que o goberno da Xunta dispensa á comarca do Morrazo: promesas e compromisos moitos, realidades e efectividade, ningunha, no orzamento do ano 2012 figuraba unha partida de 270.000€ dos que non se executou nin un só céntimo.
Por acordo unánime do Pleno da Corporación de Cangas o día 14 de setembro do 2012 o Concello de Cangas instou á Consellería de Sanidade a que nun prazo dun mes presentara o anteproxecto do citado Centro, establecendo os correspondentes prazos de execución e orzamentos para o mesmo.
A resposta da Xunta de Galiza foi o silenzo e a desaparición no proxecto de Lei de orzamentos para o ano 2013.
Polo exposto, os grupos políticos asinantes presentan para o seu debate e aprobación o seguinte:

ACORDO:
  1. Instar ao goberno da Xunta de Galiza a incluir no proxecto de orzamentos da C.A. de Galiza para 2013 da dotación necesaria, no capítulo de inversións da Consellería de Sanidade, para a construcción inmediata do Centro de Saúde de O Hío-Aldán.
Cangas, 10 de xaneiro de 2013

ASDO:

Grupo Municipal do PP
Grupo Municipal do BNG
Grupo Municipal do PSOE
Grupo Municipal de ACE
Grupo Municipal de UPAC

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger