12 ene 2013

postheadericon A AGDSP sobre os recortes na actividade sanitaria de Galaria

Ante as informacións de que GALARIA (antigo MEDTEC empresa financiada publicamente pero acollida á fórmula de xestión empresarial privada á que se adxudicou a prestación de servizos sanitarios de alto grado de cualificación e nivel tecnolóxico do que non dispoñen os hospitais) , pretende reducir a actividade quirúrxica en cirurxía cardiaca e cardioloxía intervencionista, tratamentos de cancro mediante radioterapia, braquiterapia (tratamento eficaz para o cancro de cérvix, próstata, mama e pel) e radiociruxía, como consecuencia de reducións orzamentarias, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar que:

  1. Consideramos estes novos recortes como gravísimos e inaceptables, por que afectan a pacientes que padecen graves enfermidades como son as enfermidades cardiolóxicas e o cancro nas que a rapidez do tratamento son fundamentais de face ao seu pronóstico final.
  2. Confírmanse agora as gravísimas consecuencias que teñen aplicar a xestión empresarial á atención sanitaria, dado que as empresas antepoñen os seus intereses económicos e as súas contas de resultados aos dos pacientes. A nosa Asociación advertiu, cando se constituíu MEDTEC, das negativas consecuencias para os pacientes de poñer a alta tecnoloxía dos hospitais públicos de Vigo en mans dunha empresa de xestión privada.
  3. Esiximos que GALARIA se reintegre inmediatamente a xestión sanitaria pública e que a Consellería retire os recortes sanitarios nun área tan sensible para a saúde e a perspectiva vital de centos de pacientes do área de Vigo e de toda Galicia.

Los recortes obligan a programar menos operaciones de corazón este año en el sur de Galicia
Publicado en Faro de Vigo

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger