8 ene 2013

postheadericon A AGDSP sobre o pago das proteses médicas

Segundo informacións do sector, a Xunta de Galicia pretende dar un paso máis no desenvolvemento do Real Decreto Lei 16/2012 de medidas de reforma do sistema sanitario (que supuxo ata agora o copago de medicamentos para os pensionistas ou polo transporte en ambulancias non urxente para tratamento en centros hospitalarios).
Esta medida implica a ruptura da Carteira Única de Servizos Sanitarios Públicos dos que quedasen excluídas as próteses para persoas que sufran amputacións, parálises e outros procesos graves que necesiten de apoios e implantes artificiais, que deberán ser pagadas polos pacientes (pasan á Carteira Suplementaria).

Nas negocións do Novo Convenio coas ortopedias preténdese que o paciente adiante o pago do 100% do custo das próteses (ata agora pagaban un máximo de 36 euros), e posteriormente (e sen garantías de cando nin como) devolveráselles o 60%, 50% ou 40% do custo das mesmas en función do nivel de renda.
Estes pagos, que poden superar os 5.000 ou 6.000 euros, non terán en conta si o paciente é pensionista, discapacitados, parados ou excluídos sociais, polo que unha maioría das persoas non poderán acceder ás próteses que necesitan para camiñar, desprazarse ou paliar as consecuencias dunha amputación.
A nosa Asociación considera esta medida cruel, inxusta e discriminatoria coas persoas máis necesitadas de apoio e atención sanitaria por padecer problemas de saúde graves e descapacitantes, e unha nova barreira para o acceso ás prestacións sanitarias que necesitan (aquí xa non cabe nin a escusa do abuso dos pacientes), polo que esiximos a súa retirada.
Si isto non se remedia volveremos ver polas rúas galegas a persoas en carretos de madeira ou con muletas de pau como nos países máis atrasados do Planeta ou na Idade Media.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger