6 ene 2013

postheadericon Non nos podemos resignar a perder o Centro de Alta Resolución do Morrazo

Sen o Centro de Alta Resolución do Morrazo para a poboación de Cangas e Moaña, o proxecto do Novo Hospital en Vigo, que se pretende entre en funcionamento en 2.014, nace tan coxo que case poderíamos dicir que nos resulta dunha utilidade, canto menos, discutible. O feito de que o proxecto de orzamentos para 2.013 non haxa ningunha partida dispoñible para o Centro de Alta Resolución apunta que o único beneficiado desta omisión é a empresa privada POVISA, que sobrevirá eternamente zugándolle o sangue ao SERGAS, pois non sería aceptable para os usuarios e usuarias do Morrazo o desprazamento continuo ao Novo Hospital ubicado en Valadares sen contrapartidas e para o que sería preciso garantir, entre outras cousas, o establecemento dun transporte público regular, cousa que non se ve moi doada cando aínda a semana pasada se anunciaban os recortes nos horarios do transporte marítimo de Ría. O Centro de Alta Resolución ten pleno sentido porque o seu funcionamento como "hospital sen camas" está pensado para que no mesmo día o/a paciente poida realizar todas as probas diagnósticas sen necesidade de desprazarse ao hospital de referencia, pois contaría co 90% das especialidades, ademais doutros servizos como rehabilitación, radioloxía, quirófanos para pequenas intervencións, PAC, etc. En resumo, constitúe un perfecto dispositivo complementario ás necesidades propiamente hospitalarias que son puntuais no historial clínico dunha persoa e no que as distancias xogan un papel totalmente secundario. E ademáis nolo merecemos no Morrazo para superar a histórica discriminación de pertencer á Área Sanitaria de Vigo e non poder acudir a un hospital público, estando atados a POVISA que como ten denunciado tantas veces a Plataforma presenta notables défices comparativos como ás súas listas de espera récord, a carencia de determinados servizos e á inferior calidade asistencial. Dito isto, chama a atención o clamoroso silencio dos representantes máis directos dos cidadáns e cidadás de Cangas, en especial do Alcalde. Se hai un proxecto estratéxico para o Morrazo que aúne reactivación económica tan necesaria neste periodo de crise e benestar este é o Centro de Alta Resolución. Compre lembrar que o programa para as eleccións municipais do Partido Popular que situaron ao señor Sotelo na Alcaldía contemplaba a construción desta infraestrutura e, por certo, tamén do centro de saúde de Aldán-O Hío para o cal tampouco aparece nin un só euro no proxecto de orzamentos para 2.013. Para Cangas nada de nada; carbón, diríamos, por andar en tempo de Reis. Sen embargo, no medio deste silencio cómplice non nos podemos resignar e debemos esixir que o Concello, en representación dos intereses de todos os cangueses e canguesas, se plante diante desta inxustiza para lograr incluir o Centro de Alta Resolución do Morrazo nas contas autonómicas que se discuten neste momento no Parlamento de Galicia.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger