7 nov 2012

postheadericon Diante da privatización do programa da tuberculose en Galicia

Diante do plan do SERGAS de privatizar todas as intervencións dirixidas ao cumprimento dos tratamentos antituberculosos dentro do Programa Galego de Prevención e Control dá Tuberculose a AGDSP quere comunicar:
  1. Consideramos inaceptable que se inicie a privatización da actividade asistencial dos servizos sanitarios. Ata agora a privatización circunscribíase aos servizos de apoio como a financiaón e xestión dos centros, a informática, a central de compras ou a información a cidadáns.
  2. É escandaloso gastar 706.642 euros ao ano nunha actividade que pode realizar perfectamente o SERGAS, mentres co argumento da crise, se retira a gratuidade dos medicamentos aos pensionistas, se supríme o financiamento de 400 medicamentos, ou obrígase aos enfermos e discapacitados a pagar o transporte en ambulancia, as próteses, cadeiras de rodas, os alimentos especiais aos enfermos crónicos ou se paraliza o Plan de Atención ás Persoas Dependentes. Non e aceptable malgastar semellante cantidade de diñeiro para beneficiar a empresas privadas, cando esta actividade podería realizala o persoal do sistema sanitario público.
  3. Este plan pon en risco a calidade da atención dos pacientes con tuberculoses dado que o persoal dos servizos públicos deberon superar probas que garanten a súa formación, coñecementos e habilidades, cousa que non ocorre nas empresas privadas, cuxo persoal adoita ser escaso e labor a precariedade e contratos lixo (como é de dominio público).
  4. A externalizacion duna parte do Programa Galego de Prevención e Control da Tuberculose supón, además de dificultar a coordinación entre servizos públicos e privados, deixar en mans privadas información relevante dos pacientes, pondo en risco a confidencialidade dos mesmos, especialmente nun tema tan delicado como a tuberculose.
  5. Esta medida ademais de despilfarradora en momentos de crises, irracional e perigosa para os pacientes e un paso máis no desmantelamento e descapitalización do sistema sanitario público en beneficio do sector privado afín ao goberno do PP. O desmantelamento dos servizos asistenciais vai supor ademais unha onda de despedimentos de traballadores do sector público. Hai que reaccionar desde a sociedade e os servizos sanitarios contra esta tolemia do goberno do PP que pon en perigo a calidade e a supervivencia do sistema sanitario público.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger