7 nov 2012

postheadericon Angela Merkel retira o copago en Alemaña, mentres Mariano Rajoy e Núñez Feijoo nolo impoñen en Galicia e no Estado

Ante as noticias de que a Chanceler Angela Merkel decidiu suspender a partir do próximo mes de xaneiro o copago aos pacientes da sanidade pública en Alemania, dado que a experiencia demostrou que esta medida non supón ningún aforro real para a o sistema sanitario, que incrementa o traballo e o gasto burocrático para os profesionais, que aumenta o papelorio e que supón unhas importantes molestias para os usuarios e enfermos, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar:

  1. Que esta decisión vén corroborar as denuncias que vimos realizando desde a nosa Asociación contra as políticas de copago que está pondo en práctica os gobernos central e autonómicos
  2. Esta decisión (dun goberno conservador) demostra que os copagos non se basean na evidencia, como avisaramos, senón en criterios ideolóxicos fundamentados no neoliberalismo, no interese en cargar os gastos sobre os usuarios dos servizos e en pór trabas no acceso dos enfermos aos recursos.
  3. Os copagos son prexudiciais para os pacientes aos que molesta e dificulta o acceso aos servizos sanitarios; para os profesionais aos que carga de traballo burocrático; e para o sistema xa que incrementa o gasto total e o administrativo.
  4. Resulta paradoxal a teimosía do Goberno en querer facer pagar aos pacientes polos servizos da sanidade pública, mentres que nos países onde se han posta en práctica estanos eliminando polos seus malos resultados. Detrás do copago non hai evidencia científica algunha senón o interese duns gobernos profundamente reaccionarios e antisociais por acabar co sistema sanitario universal, equitativo e gratuíto que estableceu a Lei Xeral de Sanidade e co Estado do Benestar.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger