4 ago 2012
O plan bianual das 3 MMM (con perdón)
Na arbitrariedade das perspectivas de crecemento, parece estar o quid do fraudulento “Plan Orzamentario 2013-14” argallado entre as tres emes Merkel, Mario Draghi e Mariano Rajoy para manternos noqueados e absortos o maior tempo posible, mentres preparan a próxima.
Previsión da evolución do PIB no E. Español
segundo o Plan bianual do goberno
2013 | 2014 |
-0,5 | 1,2 |
Non é razonable pensar que cos recortes e subas de impostos que anunciaron, pegar ese rebote en 2014 (ver gráfico), invertindo o signo dun crecemento negativo a un positivo: unha suba de 1,7 puntos do PIB. Con menos gasto público e máis devaluación interna (contracción salarial) resulta imposible tal reactivación na economía. Non se espera por ningures, máxime nun contexto mundial que apunta recesión, un aumento das exportacións ou do turismo no E. Español que poderían ser elementos coadxuvantes dun cambio de tendencia. O efecto suba de impostos indirectos que entrará en vigor en septembro será neutralizado polo descenso do consumo, que evidentemente xerará menos IVE.
Conclusión: estes 102.000 millóns de euros da intervención “branda” non serán os últimos. Cando acorden escenificar a evidencia da imposibilidade de cumprir esta fantasía (este mesmo plan é resultado do incumprimento do axuste de abril), tentarán dar unha outra volta de porca. De novo máis medidas procíclicas, é dicir, menos gasto, máis recortes sociais e máis desemprego, seguindo indefinidamente coa espiral mortífera da folla de ruta neoliberal a tope.
No horizonte cada vez máis claro o rescate, polo que pía F. González, que alenta PRISA e que apoia outra xente de peso dentro do PP que de momento non dá a cara, pero están aí preparados para darlle a patada a Rajoy e todo o seu equipo económico no momento oportuno.
Queda por diante toda unha década “prodixiosa” no que os sindicatos terán unha escasísima marxe de manobra no plano clásico da negociación colectiva e os partidos xa están sendo ninguneados e reducidos á mínima expresión (véxase o pucheirazo no Parlamento de Galicia). Quen manda por riba de todo son os “mercados”. Iso que quede claro. E se non que llo pregunten aos banqueiros alemáns, franceses, aos da City e máis aos de Wall Street.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: