4 ago 2012
65.000+37.000 = máis miseria
Cando aínda non nos tiñamos recuperado do anunciado recorte dos 65.000 millóns (ver aquí) para próximo bienio, este venres negro (outro para a serie) o goberno incrementa esa cantidade en 37.000 millóns de euros máis. Destes uns 15.000 millóns de "aforro" serálle adxudicado a sanidade e ensino. Para a sanidade suporá, polo menos, senllos recortes en cada un dos próximos dous anos similares aos de 2.012, que acadaron a cifra de 7.000 millóns de euros. Na administración traerá centos de miles empregados públicos despedidos. Só en Galicia, en educación secundaria, a CIG ten denunciado que para o próximo curso contaráse con 1.000 profesores menos. Empregados municipais, médicos, enfermeiras,... correrán a mesma sorte.
Seguimos a folla de ruta marcada polos grandes poderes financieiros. Agora tócalles aos desempregados (para mediados de mes os de longa duración deixarán de percibir o mísero subsidio de 400 euros) e de seguido aos xubilados. Por que o sabemos? Moi sinxelo, porque o Presidente do goberno, o Sr. Rajoy, ven de xurar e perxurar que non lles tocará nas pensións. Esta é a regla de ouro deste goberno: facer todo o contrario ao que se comprometeu nas eleccións. É, polo tanto, un goberno contrario á lexitimidade conseguida nas urnas mediante o voto da cidadanía. Semella que xa non é hora de pedir que retiren as medidas ou cambien de políticas senon de obrigalos a que se vaian canto antes.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: