7 ago 2012

postheadericon Concentración en Bueu: Tod@s estamos no mesmo barco e temos que unir as loitas

O goberno do Partido Popular non deixa de repetir que “todos” debemos facer un esforzo para poder saír da crise. Pero a estas a alturas realidade e mais que evidente as medidas adoptadas so pretenden beneficiar a unha elite concretamente a mesma que nos levou a actual situación. Os traballadores e as clases populares sufrimos a degradación dos nosos dereitos e da nosa calidade de vida.
Pola contra utilizando o pretexto de creación de emprego os traballadores impónsenos unha durísima reforma laboral baseada no engano e na mentira xa que o contido da reforma demostra que claramente que os seus obxectivos prioritarios son dous : devaluar os salarios buscando igualalos o salario mínimo interprofesional (641 € o mes) e limitar a capacidade de resposta dos traballadores, facilitando o despido e convertendo a precariedade laboral na norma.

Non no deixemos enganar o problema do paro no Estado non e debido a suposta rixidez do mercado do traballo, nin o sistema de contratación nin o suposto alto custe do despido se non como se explica:
  • Cando hai 5,3 millóns de parados non debe ser tan complicado despedir
  • En Euskadi a taxa de paro e de 12,6%; en Navarra do 13,8; en Cataluña supera o 21%; en Galiza o 25% . Si todas elas teñen as mesmas normas laborais os mesmos tipos de contratos e os mesmos custes e procedementos de despido.
Esta claro que as causas destas diferenciase están nos modelos produtivos.
Aproveitan a crise que eles mesmos crearon e coa escusa de saír da mesma, Impoñer unha serie de medidas aleixadas do ben social e totalmente inoperantes para ese fin; pero moi eficaces para o espoliar diñeiro publico co que recapitalizar o sector Bancario. En outras palabras, utilizan o diñeiro dos nosos impostos co pretexto de salvar os aforros da poboación para engordar as contas correntes de directivos bancarios, e deste xeito podan seguir especulando en contra da débeda de determinados Estados.
Coa escusa da crise están a deteriorar os servizos públicos para que deste xeito resulte mais fácil a súa privatizacion.
Non podemos permitilo debemos rebelarnos non sexas cómplice por omision de toda esta desfeita.
O PRÓXIMO XOVES DIA 9 AS 21,00 HORAS ESTA CONVOCADA UNHA CONCENTRACIÓN NA PRAZA MASSO DE BUEU; CONCRETAMENTE NA PARTE TRASEIRA DO MUSEO, PARA MANIFESTAR A NOSA OPOSICIÓN OS RECORTES PROMOVIDOS POLO GOBERNO ESTATAL E AUTONÓMICO
¡¡ACUDE CON CALQUEIRA TREBELLO DE METER RUIDO!!!

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger