27 jun 2012
O goberno elimina o dereito á saúde
O Programa Nacional de Reformas presentado polo Goberno en Bruxelas e o Real Decreto Lei 16/2012 de 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións,
1.- Suprime o dereito á saúde como dereito cidadán.
Aínda que a Constitución e a Lei Xeral de Sanidade vincúlao á residencia no Estado o Real Decreto de xeito unilateral vincúlao ao aseguramiento é dicir á cotización social, coa finalidade de deixar sen este dereito aos que traballan na economía. Resulta moralmente inaceptable deixar a persoas sen asistencia por motivos económicos.
2.- Elimina a universalidade das prestacións sanitarias.
Fragmenta a asistencia sanitaria que agora é a mesma para todos e para todas as enfermidades en tres tipos diferentes: Prestacións básicas comúns para todos; prestacións complementarias a pagar con copagos e prestacións suplementarias ofertadas polas comunidades autónomas. Esta medida que dará orixe a dous modelos sanitarios (unha sanidade para ricos e outra para o resto) esta destinada a promover e apoiar desde o Estado o desenvolvemento dos seguros privados como negocio. A sanidade para pobres será unha asistencia de baixa calidade.
3.- Introduce barreiras económicas no acceso aos servizos sanitarios a quen máis o necesitan.
Impón o pago por medicamentos aos pensionistas (precisan tres veces máis asistencia por motivos de idade e a gran maioría percibe pensións moi baixas, o 54% menores de 650 euros/mes); o mesmo que por traslado non urxente en ambulancias, alimentación artificial, prótese e ortesis que son necesitados polas persoas máis enfermas, e discapacitadas, na súa maioría con problemas económicos por motivos de idade, enfermidade ou baixas pensións. Ademais un grupo de 456 medicamentos excluiranse totalmente do financiamento público. Limita a asistencia a quen máis a necesita ao tempo e eleva a achega individual en medicamentos nun momento en que a maioría de cidadáns teñen problemas económicos para chegar a fin de mes.
3.- Acaba co carácter solidario e redistributivo da sanidade pública.
Ata agora a sanidade financiábase con impostos grazas ao cal os que máis gañaban contribuían máis e os máis necesitados de atención recibíana en función das súas necesidades. Coa introdución do copago de parte da asistencia ponse as bases para acabar co carácter redistributivo da sanidade pública.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: