8 may 2012

postheadericon A AGDSP sobre o Novo Hospital Vigo e as axudas públicas a BANKIA

Ante a información da visita da Conselleira de Sanidade ás obras do Novo Hospital privado de Vigo (PFI) nas que esta indicou que as obras van a bo ritmo, salvo que o Concello se negue a pagar as infraestruturas do mesmo, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ( AGDSP) quere manifestar:
  1. Que as noticias sobre a situación de que o Goberno de Rajoy pretenden refrotar Bankia, unha das entidades financeiras adxudicatarias da concesión da obra, vén corroborar unha vez máis as denuncias da AGDSP e de SOS Sanidade Pública sobre o feito de que o financiamento do Novo Hospital adxudicouse a empresas financeiras en quebra, xestionadas por dirixentes próximos ao PP.
  2. Que o Estado está inxectando fondos públicos nun Banco para que este os préste á súa vez á Xunta de Galicia cuns beneficios que multiplican por sete o custo final da obra.
  3. Consideramos absolutamente inxusto que o Goberno da nación destine 7.000 millóns a refrotar un banco privado mentres que introduce recortes pola mesma cantidade na sanidade pública pechando centros, suprimindo médicos e enfermería, facendo pagar as receitas aos pensionistas e as próteses cirúrxicas aos amputados, ou paralizando o desenvolvemento da Lei de Dependencia para os discapacitados. Esta medida supón que os sectores máis necesitados de atención sanitaria sufragarán (á conta da súa saúde) ás entidades financeiras responsables da crises sanitarias pola súa mala xestión e estratexias especulativas.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger