6 may 2012
A AGDSP diante das declaracións do Valedor do Pobo
Ante as declaracións do Valedor do Pobo Galego na que xustificaba a política de recortes de dereitos sociais e de servizos públicos da actual administración e nas que propuña ademais deixar en suspenso o desenvolvemento da Lei de Dependencia na nosa Comunidade, a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere comunicar:
- Que consideramos necesaria a figura do Valedor do Pobo como un instrumento máis para a defensa dos dereitos dos cidadáns dos abusos das administracións. En base a esa confianza presentamos nesta institución números queixas e reclamacións polas privatizacións, abusos e de recortes de dereitos da Consellería de Sanidade e a Xunta de Galicia e atención.
- Non comprendemos como unha institución destinada a defender os dereitos da poboación fronte a acentuacións inxustas ou abusivas de gobernos e institucións, pode xustificar e amparar unha das políticas máis duras de recortes de dereitos posta en marcha por ningún goberno desde a recuperación da democracia.
- Consideramos inaudito que o Valedor expoña a necesidade de deixar en suspenso o desenvolvemento da Lei de Dependencia cando Galicia é unha da CCAA que menos desenvolveu estes servizos. A Lei esta destina a atender ao colectivo social máis necesitado de amparo e atención por carecer de recursos económicos e por presentar lesións ou enfermidades que lles limitan ou impiden realizar por se mesmos as actividades da vida cotiá. Hai que recordar que o Estado Español é un dos que menos recursos destina en toda Europa á atención da discapacidade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: