3 feb 2012

postheadericon A AGDSP denuncia a demora na publicación das listas de espera do último trimestre

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ante a demora na publicación das listas de espera quere comunicar:
  1.  Que sospeitamos que esta demora débese á vontade de ocultar o crecemento das listas, consecuencia das políticas de recorte de actividade introducida polo SERGAS nos centros. O actual goberno suspendeu a actividade de tarde de consultas, probas diagnósticas e quirófanos, e aínda que derivan unha parte das mesmas a centros privados concertados, estes non poden absorber o enorme volume de pacientes acumulados polos recortes.
  2. Galicia ocupa o segundo lugar do Estado en espera cirúrxica tanto en pacientes en espera por mil habitantes como en tempo de demora, polo que un incremento das mesmas pode desencadear unha importante alarma social.
Fuente: Asociacion El Defensor del Paciente. Memoria 2011

Fuente: Asociación El Defensor del Paciente. Memoria 2011

3. Esiximos que a administración sanitaria respecte o dereito da cidadanía galega á información sanitaria, especialmente nuns momentos tan delicados onde se están introducindo importantes medidas de recortes e privatización dos servizos públicos. A publicación das listas debe facerse sen maquillalas e deben incluír as estruturais como as non estruturais (xa que se ata agora ocultáronse sistematicamente ao 40% dos pacientes en espera).

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger