30 ene 2012

postheadericon Feijó non presentou os planos do novo hospital de Vigo na reunión cos xefes de servizo

Ante a confirmación de que o presidente da Xunta Nuñez Feijoo , facendo á vez de presidente do PP de Galicia e de conselleiro de sanidade na sombra, se reunise  en segredo cos xefes de servizo do hospital de Vigo  a Asociación Galega para a Densa da sanidade Pública quere comunicar que consideremos que:
O acto como propaganda destinado a convencer aos responsables dos servizos das bondades do Novo Hospital, (aínda que non mostrou os planos do mesmo).
A reunión con xefes de servizos do CHUVI foi un acto de partido no que o presidente actuou ademais de como presidente da Xunta como presidente do PP e conselleiro de sanidade, en presenza do deputado Miguel Santalices e do líder da oposición no concello de Vigo, o concelleiro JM Figueroa.
Consideramos  contraditorias  as afirmacións do Presidente no acto de que o proxecto do Novo Hospital segue sen cambios e o mesmo tempo que o proxecto arquitectónico herdado do goberno anterior esixía moitos recursos humanos e debía ser modificado.
Consideramos un engano e una tomadura de pelo que por unha banda dixese que o hospital non se modifica e por outro que precisa cambios (estando ademais o hospital en fase de construción).
Esiximos, unha vez mais que mostre o proxecto a Concello, profesionais e a opinión pública de Vigo.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger