5 feb 2012

postheadericon Por cada paciente en espera nos hospitais públicos hai tres en POVISA

Fonte: SERGAS

O resultado das listas de espera no último trimestre correspondentes a POVISA mostran a desastrosa herdanza que nos deixou a xestión da anterior Conselleira de Sanidade, a Sra. Farjas. Entre os seus "logros" están o duplicar o tempo de espera medio en POVISA en tan só o espazo de dous anos, é dicir, desde decembro de 2009. Nestes momentos, o diferencial entre POVISA e o resto dos hospitais de Galicia séguese a incrementar, situándose nada menos que en 100 días máis de espera.
Estes datos referidos a intervencións cirúrxicas, xa que da espera para probas diagnósticas e especialidades non se informa por centros hospitalarios, resultan aínda máis escandalosos porque por primeira vez o número de pacientes en espera para POVISA (5.555) supera ao de todos os hospitais xuntos da área sanitaria de Vigo (5.371), co agravante de que a poboación asignada a ese hospital privado é moi inferior. Así, por cada persoa en espera nos centros públicos hai máis de tres na mesma situación en POVISA.


Con este panorama só faltaría que se confirmasen os rumores que corren sobre a redución no dimensionamento arquitectónico do Novo Hospital de Vigo, o cal, nos deixaría aos veciños e veciñas de Cangas fóra da rede pública hospitalaria e encadeados definitivamente a POVISA; un hospital privado cun incerto futuro empresarial que corre o risco de cair en mans de algunha das transnacionais que rondan neste momento o "mercado hospitalario" español, co que a nosa situación como usuari@s tendería a empeorar aínda máis.
Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas reclamamos á nova Conselleira claridade e solucións inmediatas aos graves problemas que nos afectan aos veciños e veciñas de Cangas, como poñen de manifesto as enormes listas de espera que padecemos.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger