4 oct 2011
Pola posibilidade de que as mulleres de Cangas e Moaña poidan ser atendidas coas técnicas avanzadas da Unidade de Cancro de Mama do Hospital do Meixoeiro
Recentemente tivemos coñecemento a través dos medios de comunicación da implantación no hospital do Meixoeiro dunha nova técnica para operar por radiofrecuencia aqueles tumores mamarios que polo seu tamaño especialmente pequeno non se poden diagnosticar coa exploración física. Trátase, segundo se informou, dunha técnica pouco invasiva, realizada de modo ambulatorio, é dicir, a paciente é dada de alta en menos de 24 horas e, ademáis, segura porque evita que se extraia innecesariamente tecido que se atopa san.
Parece ser que os avances neste terreo son constantes e a Unidade de Cancro de Mama do hospital vigués estase a converter en pioneira, en liña cos estándares de calidade que distintas recomendacións dos organismos da Unión Europea veñen facendo públicos nos últimos anos.
A implantación desta técnica baseada na implantación de radiofármaco é un importante logro do equipo interdisciplinar que está á fronte da Unidade de Cancro de Mama do Hospital do Meixoeiro formado por cirurxiáns, xinecólogos, radiólogos, técnicos en radiodiagnóstico e enfermeiros, que xa hai tempo veñen practicando a reconstrución mamaria na mesma operación da extirpación naquel 30% dos casos que, segundo din as estadísticas, é posible, evitando así, non só a demora de varios meses entre extirpación e reconstrución cos graves problemas psicolóxicos que esta situación acarrexa ás pacientes, senon que, o que é máis importante, reducindo a mortalidade nun 5% dos casos.
Sen embargo, as pacientes da mesma Área Sanitaria de Vigo ás que se lle localice un cancro de mama, pero que teñan como hospital de referencia POVISA, como é o caso das mulleres de Cangas e Moaña, non poden beneficiarse destes importantes avances pola sinxela razón de que este hospital privado, ao que nos vemos obrigadas a acudir, non conta co “armamento terapéutico” do que dispón actualmente o Hospital do Meixoeiro.
Polo tanto, en vista de que, nin as reconstruccións de mamas se están a realizar nas mesmas circunstancias en ambos os hospitais, posto que en POVISA non se emprega a técnica da extirpación e reconstrución na mesma operación nin, que se saiba, están implantadas as novas técnicas de cirurxía guiada mediante radiofármacos, as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña reclamamos para as pacientes dos concellos do Morrazo adscritos á POVISA, que así o desexen, que se articule a posibilidade de poder acceder aos servizos da Unidade de Cancro de Mama do Hospital do Meixoeiro á maior brevidade posible.
Etiquetas:
cancro mama,
povisa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: