19 sept 2011
Ameaza de multinacional farmacéutica
A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública e a International Association of Health Policy ante a ameaza da multinacional farmacéutica Roche de retirar o subministro de medicamentos aos hospitais gregos e eventualmente a algúns outros países ten que sinalar:
1) A prestación farmacéutica é un dereito básico para asegurar o dereito á protección da saúde e debe de ser garantida por encima dos intereses comerciais das multinacionais.
2) A multinacional Roche, como a maioría das empresas farmacéuticas teñen uns beneficios impresionantes, moi por encima da media das demáis empresas e poden perfectamente asumir unha diminución dos mesmos de xeito temporal e ata definitiva sen pór en risco a súa viabilidade.
3) Roche acaba de facer un negocio fabuloso co antiviral Tamiflu na última alarma infundada da pandemia da gripe AH1N1, que se vendeu masivamente a case todos os países do mundo, entre outros a Grecia.
4) A multinacional Roche, como as empresas farmacéuticas en xeral, non se caracteriza precisamente pola súa transparencia e se polo seu empeño en promocionar fármacos cuxo custo/beneficio é dubidoso.
Nesta situación estimamos que a Unión Europea debe de esixir a Roche que se garanta a subministración dos medicamentos indispensables a Grecia e os estados membros deben de asegurarse que non se vai a producir ningún problema de desabastecemento, se é necesario acudindo a fontes de subministración alternativas e/ou levantando temporalmente a protección das patentes por motivos de Saúde Pública.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: