18 sept 2011
A Plataforma da Sanidade espera que o alcalde faga cumprir a súa palabra de que para 2012 estará rematado o Centro de Saúde de Aldán-O Hío
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas felicítase polo acordo plenario sobre o Centro de Saúde de Aldán-O Hío, adoptado por unanimidade este venres e quere manifestar públicamente a súa satisfacción porque, por primeira vez desde que se comezaron os trámites para a construción desta infraestrutura, o Sr. Sotelo, se decidise a tirar polo carro na mesma dirección que todo o mundo, tal como os veciños e veciñas afectados viñan reclamando desde hai varios anos.
Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas esperamos, igualmente, que todos os atrancos postos pola Consellería de Sanidade sexan cousa do pasado e que a partir de agora Concello e administración autonómica se poñan a traballar cóbado con cóbado e informen con claridade e transparencia dos pasos que vaian dando para que o Centro de Saúde de Aldán-O Hío sexa unha realidade.
A propósito do contido do acordo plenario no que se resolve instar ao Goberno da Xunta á que axilice as xestións para que “no máis breve prazo de tempo posible” se consiga ese obxectivo, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, quere lembrar o anuncio feito público polo Sr. Alcalde, a través dos medios de comunicación, no sentido de que o Centro de Saúde de Aldán-O Hío sería licitado ao longo do próximo ano e que estaría rematado antes de que finalizase 2.012; asegurando, ademáis, nas súas declaracións que ese é un compromiso asumido pola Consellería de Sanidade.
Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas estaremos especialmente vixiantes para que esa falta de concreción de prazos no acordo, consensuado seguramente en aras dunha unanimidade absolutamente necesaria, non sexa utilizada para continuar enredando e seguir poñendo paos na roda como ata agora viñeron facendo aqueles que teñen toda a responsabilidade á hora de tomar as decisións de goberno e que se inclúan nos orzamentos autonómicos de 2012 as partidas necesarias.

Etiquetas:
comunicados,
cs do hio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: