23 jul 2011
Listas de espera en POVISA: nada inesperado
Non resultan inesperados os datos que vén de ofrecer o SERGAS sobre as listas de espera de POVISA correspondentes ao segundo trimestre do ano en curso, malia á tirapuxa mantida meses atrás con Feijoo e a Consellería que, por suposto, non conseguiron meter en cintura a este hospital privado que campa ás súas anchas a base de máis de 130.000 pacientes cautiv@s que somos as súas víctimas e fonte de negocio.
Para este trimestre aumenta a diferencia co resto dos hospitais galegos en case 65 días máis de espera media para cirurxía, chegando aos niveis máximos desde que este cómputo se ten feito público.
Está claro que ningún goberno logrará parar este cabalo desbocado se non se posiciona con auténtica contundencia en favor do dereito dos veciños e veciñas do Morrazo asignados obrigatoriamente a POVISA a ter unha asistencia hospitalaria pública como o resto da cidadanía.
Á marxe de xestos de cara a galería, a reducción non só de máis de 350 camas no proxectado Novo Hospial de Vigo senon en todos os servizos incluídos no mesmo, tal como se ven anunciando últimamente desde determinados medios, reforza aínda máis a posición de POVISA na área sanitaria, evidenciando a aposta da Xunta polo reforzo da privatización do sistema hospitalario na área sanitaria de Vigo que, a fin de contas, trae estes resultados.
Xa o temos dito en reiteradas ocasións: en tanto non se retome o camiño emprendido co acordo de 2.006 para concederlle a POVISA un estatus de centro limitado á atención de determinadas patoloxías e complementario da oferta hospitalaria na área sanitaria, continuará a chantaxe ao SERGAS, a sangría das arcas públicas e o secuestro duns pacientes convertidos en verdadeiros reféns desta máquina de facer cartos a conta da nosa saúde e da nosa paciencia.

Cangas, 22 de xullo de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: