1 ago 2011
O Consello de Contas avala o posicionamento de SOS Sanidade Pública sobre os PFI
A publicación do Informe de Fiscalización sobre Peaxe na Sombra do Consello de Contas para o ano 2008, mostra varias consideracións do máximo interese respecto dos Contratos de Colaboración Público Privada.
Aínda que o documento céntrase fundamentalmente nas concesións de obra para a construción das autovías, tamén dedica unha parte do mesmo á Concesión de Obra do Novo Hospital de Vigo por parte da Consellería de Sanidade.
As principais conclusións, que coinciden con todo o publicado e expresado nos dous últimos anos pola Plataforma SOS Sanidade Pública así como cos termos da denuncia presentada pola mesma ao Valedor do Pobo, son:
A Plataforma SOS Sanidade Pública esixe á Consellería de Sanidade que faga caso do informe do Consello de Contas e revise a súa política privatizadora con respecto das infraestruturas asistenciais do SERGAS.
Así mesmo empraza á Conselleira de Sanidade, a que pida desculpas á Plataforma por pór en dúbida a súa credibilidade, acusándoa de enganar e alarmar aos galegos, cando quen mostra falta de transparencia é a propia Consellería, como pon de manifesto o informe do Consello de Contas.
Consello de Contas de Galicia: Informe de fiscalización de peaxe en sombra

- Os modelos de colaboración público privada nacen á marxe dos orzamentos públicos limitando a súa transparencia ante a opinión pública e o control parlamentario destes modelos.
- Aínda que a débeda xerada pola concesión de obra pública non se consolide nas contas da Administración, a débeda que xeran é real, afecta seriamente á sustentabilidade das finanzas públicas e, polo tanto do gasto público social (sanidade, educación, servizos sociais), traslada un custo superior aos impostos que pagaremos no futuro e hipoteca a capacidade de acción dos futuros gobernos.
- Os estudos de viabilidade son insuficientes porque o Goberno Galego substitúe o Estudo de Viabilidade (que ten que demostrar que a Colaboración Público Privada é máis eficiente que o modelo de financiamento público tradicional) por unha simple información económico-financeira.
- O Consello de Contas critica que todos os estudos, incluída a selección do contratista, foran realizados por empresas externas privadas.
A Plataforma SOS Sanidade Pública esixe á Consellería de Sanidade que faga caso do informe do Consello de Contas e revise a súa política privatizadora con respecto das infraestruturas asistenciais do SERGAS.
Así mesmo empraza á Conselleira de Sanidade, a que pida desculpas á Plataforma por pór en dúbida a súa credibilidade, acusándoa de enganar e alarmar aos galegos, cando quen mostra falta de transparencia é a propia Consellería, como pon de manifesto o informe do Consello de Contas.
Consello de Contas de Galicia: Informe de fiscalización de peaxe en sombra
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: