23 jul 2011
As listas de espera do SERGAS publicadas son unha manobra de prestidixitación
A Plataforma SOS Sanidade Pública quere denunciar á opinión pública e profesional a manipulación das listas de espera publicadas polo SERGAS. Preténdese transformar un grave problema, que afecta cada vez a máis cidadáns pendentes de consultas co especialista hospitalario, probas diagnósticas ou intervención cirúrxica, nun éxito a través dunha incrible manobra de prestidixitación.
- Os tempos de espera para intervencións cirúrxicas incrementáronse con respecto aos do primeiro semestre deste ano.
- Utilízanse medidas do período 2005-2007 para comparalos co 2011 ocultando a evolución destes.
- As listas de consulta só inclúen a espera para primeira consulta, excluíndo as de controis e interconsultas.
- En canto á presunta mellora do rendemento cirúrxico, os datos que achegan denotan unha falta de credibilidade xa que o 100% da actividade cirúrxica é de 7 horas (8,30H. -2,30h.) e hai que dedicar tempo a preparar o quirófano, durmir e espertar o paciente e posteriormente recoller e limpar o quirófano, e incluír os tempos intermedios entre intervención (recoller o material cirúrxico, limpeza do quirófano e volta a preparar o quirófano para a seguinte intervención) que podemos formular nuns 20 minutos. Un incremento do 22% na actividade cirúrxica en xornada ordinaria, significaría unha incremento da actividade de traballo en 1,54 horas, ou que os servizos cirúrxico traballasen unha media de 5 horas diarias nos dous últimos anos que levan gobernando, o que non parece crible como todo o mundo sabe nos hospitais.
- Só se publican datos da lista de espera estrutural e ocúltase a non estrutural (persoas que rexeitan ser intervidos en centros privados, por motivos clínicos, etc) e que supoñen 18.000 persoas (45% das listas publicadas), nun exercicio de ocultamento incrible e inaceptable. Hai persoas que esperan máis de tres anos por unha prótese de xeonllos ou teñen cita para o 2013 para ser intervidos polo servizos de oftalmoloxía.
- O único centro privado cunha área sanitaria (POVISA) presenta unha espera de 130 días (fronte a 73 da pública) e a pesar disto renovóuselle o concerto e preténdese perpetuar para sempre a súa presenza na área Sur de Vigo, aparcando para sempre o proxecto de absorción da área polo Novo Hospital de Vigo.
SOS Sanidade Pública
Etiquetas:
listas de espera,
sos sanidade publica
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
100% público
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
0 comentarios: