1 feb 2011

postheadericon Proposta para transformar a crise nunha oportunidade para a atención primaria

  1. A crise está supondo unha redución moi importante do gasto sanitario. O orzamento sanitario reduciuse en 167 millóns respecto ao do 2010 e 233 millóns respecto do 2008 (cando o PP se fíxo cargo da Xunta de Galicia).
  2. O recorte en Atención Primaria está sendo aínda máis brutal xa que descendeu un 4,2 % en 2010 e un 6,5% este ano. Esta redución deixou á AP no 10,2% do gasto sanitario, cando no Estado é do 14% e as previsións do Plan AP-21, aprobado polo Consello Interterritorial de Sanidade do que forma parte a Conselleira de Sanidade, fixábano no 25%. A este recorte, ao que habería que engadirse a perda dos 62 millóns do Plan de Melllora de AP, está agravado a situación nos centros de saúde e empeorando os problemas de capacidade resolutiva que impide que se completen os procesos diagnósticos e terapéuticos e que numerosos pacientes deban ser trasladados ao nivel especializado sen ningunha necesidade.
  3. Resulta paradoxal que nun contexto de crise a Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade reduza o papel da AP a pesar de que a evidencia internacional mostra que os sistema baseados na AP son máis eficaces e eficientes. A AP aparece como a principal alternativa para afrontar os problemas de recursos do sistema sen atentar contra a calidade e o dereito á atención.
  4. Abandonar o Plan de Mellora da AP supón perpetuar a masificación das cotas, as limitacións de acceso ás probas tecnolóxicas; a da precariedade no equipamento dos centros; ou o abandono dos proxectos de integración asistencial con guías clínicas ou protocolos..
  5. As mobilizacións unitarias da AP en favor de máis tempo e recursos conseguiron, fai uns poucos anos, que a opinión pública, o sector sanitario e as administracións, fosen conscientes do malestar e frustración dos profesionais polo abandono e a marxinación e puxéron a AP na axenda política. O Plan de Mellora e a Estratexia AP 21 aceptadas polo Ministerio de Sanidade, o Consello Interterritorial e as CCAA foron o resultado da mesma.
  6. Agora a crise está servindo de escusa para o abandono o Plan de mellora que veñen sumarse aos problemas tradicionais que soporta o nivel primario como o hospitalocentrismo, a escasa capacidade de influencia da AP, a ausencia da AP na formación pre-graduada, ou a fascinación da opinión pública pola tecnoloxía.
  7. Resulta suicida que as organizacións de AP asuman sen rechistar o abandono dos acordos de mellora, xa que suporía aceptar que se perpetúe a precariedade e desigualdade.
  8. É necesario volver a intentar mobilizar a toda a AP a favor das melloras acordadas.. Este proceso debería ser liderado por todas as organizacións, sen exclusións ideolóxicas de ningún tipo, dado que todos compartimos o diagnóstico e o tratamento como quedou evidenciado na elaboración do Plan.
  9. En base a iso propóñovos organizar un encontro da Comisión de Seguimento do Plan a próxima semana, nunha data a convir, para analizar e consensuar o inicio de mobilizacións para reactivar o Plan.
A crise dános unha oportunidade única que transformar o risco dun recorte de gasto sanitario que afunda aínda máis á AP nunha oportunidade para revalorizar o noso papel central no sistema sanitario.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger