31 ene 2011

postheadericon A Plataforma SOS Sanidade Pública denuncia que o colapso dos centros sanitarios galegos pola epidemia de gripe A está asociado as deficiencias da política de saúde pública e aos recortes de recursos

A gripe A xerou o ano pasado unha enorme alarma social e tivo un impacto económico para a sanidade pública galega non relacionada coa mortalidade. A OMS declarou a situación de pandemia mundial, e puxo en alerta máxima aos servizos sanitarios, pero cando se descubrio que se trataba dunha epidemia tipo 3 (moi contaxiosa e de baixa gravidade) cunha mortalidade ata menor que a da gripe estacional (con dous falecidos por cada 10.000 infectados), en lugar de asumir publicamente o fallo, a OMS negou a maior mantendo a alerta e cambiando ata o concepto de pandemia internacional, que foi aceptada sen rechistar polos servizos sanitarios, incluindo o galego.

A presión da industria farmacéutica, que viu na gripe A unha enorme posibilidade de negocio, a incompetencia dos servizos sanitarios e o temor das autoridades gobernamentais a retirar a alerta de xeito unilateral contribuíron a que as excepcionais medidas, que consumiron inxentes cantidades de esforzos organizativos, económicos e sanitarios se mantivesen artificialmente durante moitos meses.
No entanto, a maioría dos sanitarios foron conscientes, desde case o principio, de que todo era unha enorme montaxe mediática e económica e negáronse a colaborar activamente coas medidas de vacinación masiva ou de prescrición dos antivirais acumulados, que ademais de ineficaces podían causar danos colaterais en forma de efectos secundarios. En Galicia esta actitude traduciuse en que a vacinación foi baixa, do mesmo xeito que o consumo do tamiflú.
Este ano a gripe A, desprovista da alarma do pasado ano, chegou máis tarde, con maiores molestias, e afectou sobre todo aos máis novos. A epidemia esta vez colapsou os servizos de urxencias e as camas de agudos, pondo unha vez máis de manifesto as deficiencias dos nosos servizos sanitarios, cunha atención primaria masificada (cuia reforma foi detida por la acual Xunta) e unha clamorosa falta de camas para enfermos crónicos (non chegan en Galicia a 1 por mil habitantes) para proporcionar coidados hospitalarios de baixa intensidade a pacientes con baixas defensas. Esta situación de colapso reiterado e previsible é resultado da falta de investimento do goberno da Xunta que vai agravarse cos severos recortes orzamentarios dos últimos anos.
As cesións das autoridades sanitarias españolas e galegas as presións das grandes multinacionais da farmacia favoreceron o despilfarro de millóns de euros que poderían servir en hospitais, centros e programas de saúde pública, algo inaceptable en tempos de crise. A desconfianza cara os responsables da saúde pública pode ser moi perigosa cando de verdade de produza unha pandemia dunha enfermidade de alta gravidade.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger