22 ene 2011

postheadericon SOS Sanidade Pública denuncia a maquillaxe das listas de espera

A Plataforma SOS Sanidade Pública quere denunciar que as listas de espera publicadas polo SERGAS a decembro de 2010 que:
  1. Os tempos de espera, pese á maquillaxe das mesmas, superan as do ano 2008 último ano do Goberno Bipartito.
  2. A maquillaxe das mesmas, dado que tanto os profesionais sanitarios como os usuarios do sistema sanitario público, coñecen que moitas delas están bloqueadas en buzóns onde os pacientes pasan moito tempo sen que se lles proporcione a data de intervención cirúrxica, de consulta ou de proba diagnóstica, e non computan como tempo de espera.
  3. A pesar das denuncias do PP na súa etapa de oposición, non se publicaron as Listas de Espera Non Estruturadas, na que se atopan secuestrados miles de persoas, que non queren ser intervidos en centros privados ou por outras razóns non dependentes deles.
  4. O único centro privado que ten a responsabilidade de atender a un área sanitaria (grazas a un Concerto Singular) duplica o tempo de espera dos hospitais públicos. Esta situación, debe alertar aos cidadáns sobre os riscos para a asistencia da privatización dos novos hospitais que pretende levar a cabo o SERGAS nos novos hospitais.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger