27 ene 2011
POVISA, complementariedade ou parasitación. Ata cando?
Jesús Araújo Nores
Médico Especialista en Otorrinolaringoloxía
Membro da AGDSP
Recentemente a opinión publica veuse sorprendida pola presenza nos medios da noticia de que se renegociaba o contrato singular de POVISA co SERGAS, e asistiu pasmada ao chantaxe de esta empresa utilizando a os seus propios traballadores sanitarios, para conseguir unhas vantaxes económicas no novo concerto. Dende a súa fundación, esta é a forma de actuar que vai condicionar o desenrolo diferencial das infraestruturas do sistema sanitario público na área sanitaria de Vigo, respecto do resto de Galicia. Logrando evitar, o crecemento do Hospital Xeral en terreos veciños e mais tarde impedir que o Meixoeiro tivese as dimensións necesarias de un gran hospital.
Así, cando o SERGAS asume as competencias sanitarias, a principios dos 90, esta debe enfrontarse a decisión de aumentar as infraestruturas sanitarias e recursos propios para adecualos as necesidades de asistencia da poboación da área sanitaria de Vigo, contando coa infraestrutura privada xa existente de forma subsidiaria e complementaria das prestacións publicas, ou converter a POVISA en substituto directo dunha infraestrutura e organización equivalente de carácter público, a través dun concerto singular. Isto é o que se decide, renunciando a dotar á sanidade publica dos recursos hospitalarios e tecnolóxicos necesarios, coa cesión da atención da cidadanía do Morrazo, Val Miñor e Coia a POVISA.
A existencia do concerto e a garantía do SERGAS, aportoulle a POVISA a estabilidade financeira necesaria para o saneamento da empresa, facilitando os procesos de modernización das infraestruturas e dos procesos asistenciais. Segundo as contas anuais de POVISA, a facturación do SERGAS representaba máis do 75% do importe neto da cifra de negocios. A súa actividade netamente privada e pois accesoria.
Coa chegada á Xunta do Bipartito, o SERGAS definiu as directrices da configuración do sistema na área de Vigo e da Rexión Sur de Galicia, recollendo as conclusións do Plan Estratéxico do CHUVI (2005) que prevía a construción das infraestruturas necesarias para atender a toda a poboación da area de Vigo coa construción de un Novo Hospital de Vigo. Pretendíase polo tanto,suprimir o Concerto Singular de POVISA e situalo como hospital complementario e de apoio o CHUVI en lugar de substitutivo.
Coa recuperación do goberno polo PP, modifícase o Plan de financiamento do NHV, optando pola vía da PFI ou financiamento privado, e modifícase o proxecto arquitectónico (2008) reducindo as infraestruturas necesarias para dar cobertura a poboación de referencia. Con elo se pretende dar futuro de novo a POVISA como hospital xeneral.
En conclusión, unha vez mais, POVISA coa complicidade do PP, asegúrase novamente a través da redución do Novo Hospital de Vigo a incapacidade do SERGAS para atender a demanda da área viguesa o que lle permite manter o seu concerto.Unha sanidade pública que xa debilitada por esta causa, quedará por décadas emparedada e sen capacidade de manobra entre POVISA e a empresa propietaria que vai construír o Novo Hospital de Vigo.
Publicado en Tempos Novos (xaneiro, 2011)

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: