14 nov 2010
Falsa noticia
Estimado-a profesor-a / membro da comunidade educativa:
A noticia anterior é falsa. Sen embargo, o que si é totalmente certo, é que este goberno da Xunta pretende privatizar todos os máis de sesenta centros de saúde proxectados para 2010 e 2011 e os novos hospitais de Vigo e Pontevedra. Neste último caso, derrubaráse o actual de Montecelo, co único propósito de privatizar o novo que queren construír. Para este fin, a Consellería de Sanidade empregará a fórmula chamada público-privada, que consiste basicamente, en que grandes consorcios formados por bancos, aseguradoras e construtoras levantan as infraestruturas sanitarias e fanse coa súa propriedade, de tal maneira que o SERGAS durante un período, non menor de vinte anos, pagará un canon, como se estivese en situación de aluguer, aos capitalistas promotores.
É un modelo insustentable, que hipoteca as finanzas públicas e as ameaza con levalas ao colapso, de maneira que se vexa como “necesaria” a introdución do copago.
CONTRA A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA
MANIFESTACION
21 DE NOVEMBRO EN COMPOSTELA
ÁS 12 H. DESDE A ALAMEDA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: