15 sept 2010

postheadericon Acordos Plenarios sobre temas de sanidade

15 de setembro de 2008
Punto 3º de dito acordo:
1. O Pleno da Corporación de Cangas insta ó Sergas a que arbitre as medidas necesarias para solucionar as carencias da atención pediátrica no noso concello e a que dote o Centro de Saúde de Cangas dos medios necesarios para eliminar as listas de espera na atención primaria.
2. O Pleno da Corporación de Cangas, insta ó Sergas, a que elabore un plan e o aplique no menor tempo posible, para reducir as alarmantes listas de espera da atención especializada.
3. Instar ó Sergas a que arbitre as medidas necesarias para reforza-la asistencia extrahospitalaria urgente dependiente da FPUS-061 en Cangas.
4. O Pleno da Corporación de Cangas, insta ó Sergas a que no plazo máximo de seis meses poña a disposición dos/as veciños/as o servizo de Hospitalización a domicilio (HADO).
5. O Pleno da Corporación de Cangas, insta ó Sergas a que posibilite que os veciños/as de Cangas poidan acceder e teñan dereito a unha morte digna na Unidade de Coidados Paliativos do Nicolas Peña.

E para que así conste , expido a presente de orde e co visto e prace da Sra. Alcaldesa-Presidenta, en Cangas, a tres de agosto de dous mil dez. A Secretaria Xeral , VºBº a Alcaldesa.


29 de abril de 2009
O P.P. presenta unha moción de proposta de acordo para a elaboración dun “Plan de Mellora da Sanidade”, basado nos seguintes puntos:
• Desaparición das listas de espera na atención primaria
• Implantar a hospitalización a domicilio (HADO)
• Novo Centro de Saúde para O Hío
• Centro Hospitalario para O Morrazo.

A proposta é rexeitada por 12 a 9 votos.


31 de xullo de 2009
ACE presenta unha moción sobre a necesidade de reactivar “o compromiso do SERGAS” e para concretar as actuacións relativas ao Centro de Saúde de O Hío e o Centro de Alta Resolución. No Pleno o concelleiro Abalo Costa retira esta moción.


26 de febreiro de 2010
Ceder ao Sergas 2.196,21 m2. para a construción do Centro de Saúde en Vilariño/Liméns, parroquia de Hio. Después dos trámites legales, apróbase no Pleno do 9 de abril de 2010.


15 de setembro de 2010
Sr. Otero Paredes: aclara que a proposta ven dun colectivo e cre que sería mellor non emendala pero di que previamente se acordará a incorporación da emenda á proposta da Alcaldía.
Dase conta da emenda presentada pola concelleira Da Begoña Pérez Santaclara, que di:
"Proposta para engadir ó acordo plenario sobre a proposta da Alcaldía en referencia ó escrito da Comisión Xestora da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas:
Solicitar á Conselleria de Sanidade:
- A posta en funcionamento do Servizo de Hospitalización a Domicilio (HADO).
- Posibilitar o acceso á Unidade Coidados Paliativos do Nicolás Peña ou posta en marcha desta no hospital de referencia, para ten dereito a unha monte digna.
- Disposición permanente en Cangas de ambulancia medicalizada.
- A construcción dun hospital comarcal ou centro de especialidades para O Morrazo, para a mellor atención sanitaria da comarca e para diminuir os Gustos económicos e de tempo dos veciños/as do Morrazo. "

VOTACIÓN E ACORDO DA INCORPORACIÓN DA EMENDA Á PROPOSTA DA ALCALDÍA:
Votos a favor: 16 (8 dos/as concelleiros/as do PP, 3 da A.C.E, 4 dos/as concelleiros/as presentes do BNG e 1 da concelleira non adscrita).
Abstencións: 3 (3 do PSdeG-PSOE).
Polo tanto, o Pleno da Corporación, por maioría de votos, acorda aprobar a incorporación da emenda á proposta da Alcaldía, ambalas dúas transcritas anteriormente.

0 comentarios:

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger