13 sept 2010
Nota de prensa sobre a moción da Plataforma para tratar no Pleno do Concello
No próximo Pleno do Concello de Cangas, a celebrar o mércores, día 15, inclúese na orde do día unha moción na que se instará, de saír aprobada, á Consellería de Sanidade para que tome as medidas oportunas co obxectivo de conseguir que, canto menos, se vaia aminorando a enorme diferencia entre os tempos de espera medios das listas de espera cirúrxicas correspondentes ao hospital de referencia da nosa área sanitaria, POVISA, con relación ao resto dos hospitais dependentes do SERGAS.
Esta iniciativa xurde da petición da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas dirixida aos distintos grupos municipais para que o ente municipal tome en consideración este importante problema que padecemos especialmente os veciños e as veciñas de Cangas. Temos que dicir que a acollida entre os grupos municipais foi, en xeral, favorable, segundo puidemos constatar na ronda de entrevistas que mantivemos con todos eles durante as últimas semanas.
O motivo de fondo que suscita a presentación desta moción sobre as listas de espera, vén dado polos últimos datos oficiais dados a coñecer polo SERGAS, correspondentes ao segundo trimestre do presente ano, os cales, debuxan un cadro verdadeiramente preocupante, xa que o tempo de espera medio das listas de espera para a atención cirúrxica en POVISA de 121, 9 días contrastan escandalosamente, por poñer o exemplo máis próximo, co do Complexo Hospitalario de Vigo establecido nos 72,2 días.
Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas denunciamos, ao mesmo tempo, a discriminación inadmisible que supón a obrigación para os veciños e veciñas de acudir a un centro privado, cuxos deficits en atención e prestación de servizos son clamorosos, como se fosemos cidadáns de segunda ou terceira categoría. Nese sentido, non descansaremos ata ver recoñecido o dereito dos pacientes do noso Concello a ser atendidos no hospital público correspondente.

Cangas, 13 de setembro de 2.010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público
POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva
Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: