2 may 2016
Cangas aproba a moción para o rescate da #SanidadePública da Área Sanitaria de Vigo
A Plataforma en Defensa
da Sanidade Pública de Cangas quere agradecer públicamente o apoio á
manifestación do vindeiro 12 de maio en Vigo, que se visualizaba coa aprobación
da moción que presentábamos por rexistro o pasado 20 de abril e se debatía o pasado venres en Cangas.
Unha moción presentada en
tódolos concellos da Área Sanitaria de Vigo. Centrándonos no Morrazo, no
Concello de Moaña foi aprobada por unanimidade e, en Cangas, celebramos a súa
aprobación coa abstención do Partido Popular.
Unha vez máis, temos que
lamentar que o Partido Popular teña dado a nota discordante, en contra do
sentir popular. Unha abstención que avala as
políticas de xestión levadas a cabo polo goberno autonómico, aprobando non só
os recortes e o desmantelamento da sanidade pública, senón que tamén a privatazación
encoberta, a través do modelo de xestión “pública-privada”, que afecta
directamente ao funcionamento do Hospital Álvaro Cunqueiro e, por ende, á nosa
saúde.
Agradecemos que, nesta sesión plenaria, nos permitisen intervir para
facer unha valoración da situación actual da Área Sanitaria de Vigo, facendo fincapé
na situación sanitaria do noso pobo.
Esta intervención correu a cargo da nosa portavoz, Carmen Nores, que
comenzaba a súa intervención falando do déficit en atención e tecnoloxía que
padecía e continúa a padecer, a pesar do Novo Hospital, a Área Sur con respecto
á Área Norte de Galicia. O proxecto inicial do Novo Hospital de Vigo tiña como
obxectivo rematar coas diferenzas entre cidadáns da mesma comunidade autónoma,
o que se traducía nunha boa acollida, tanto por parte da cidadanía como dos
profesionais da sanidade pública que se ilusionaban ao entender que non só se
rematarían coas longas listas de espera, senón que contaríamos coa máis
avanzada tecnoloxía e tódolos servizos para dar unha prestación sanitaria de
calidade.
Carmen Nores falaba de ilusión, unha ilusión esnaquizada coa chegada ao
goberno do Partido Popular e o cambio de modelo no que se contemplou unha reducción
de espazo e de servizos, como xa vimos denunciando dende aquelas datas e tamén
vimos de denunciar en Bruxelas diante do Parlamento Europeo, Cabe lembrar,
tamén, a caótica posta en marcha no
pasado verán.
Continuaba a súa intervención centrándose no noso pobo e denunciando,
unha vez máis (farémolo ata a saciedade) a discriminación e incumprimento de
compromisos por parte da Consellería, tanto no que respecta ao Centro de Saúde
de O Hío – Aldán, como no que respecta ao Centro de Alta Resolución, un camiño
que xa tiña sido emprendido cun acordo plenario no ano 2006.
Finalizaba a súa
intervención reclamando ampliación de horarios para os servizos de
Rehabilitación e Radioloxía. Ademáis de reclamar o personal necesario no PAC de
Cangas para que realmente se convirta nun servizo real de urxencias 24h, co fin
de evitar disgustos mayores. Son moitas -demasiadas- as ocasións nas que os
falcultativos se ausentan en traslados de pacientes e/ou outras actuacións que
requiren o seu desprazamento.
Maila que todo parece moi
negro para a noso sistema sanitario e, a pesar das políticas de recorte e
desmantelamento levadas a cabo polos gobernos central e autonómico, debemos
dicir que tódolos indicadores seguen a valorando a calidade da atención
sanitaria pública de Vigo por riba de calquera outro modelo que se tercie. Por iso é que debemos continuar traballando a reo pola defensa da
Sanidade Pública, por iso é que debemos rescatar o Hospital Álvaro Cunqueiro das
máns privadas, por iso é que voltamos á rúa o 12 de maio, por iso é que volvemos
a animar a veciñanza a que participe masivamente como o fixo aquel inesquecible
e emocionante 03 de setembro de 2015.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
100428
0 comentarios: