30 abr 2016
Por unha Unidade Multidisciplinar do Cancro de Mama de todas e para todas
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas ven de rexistrar unha petición perante o Parlamento Europeo na que se denuncia o incumprimento -por parte da Consellería de Sanidade- das recomendacións propugnadas no informe sobre o cancro de mama da Unión Europea (2002/2279(INI)) do 07 de maio de 2003 na Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade, conforme o texto presentado e debatido en Bruxelas o pasado 22 de marzo.
Para consultar o documento que fai referencia á presentación telemática de dita denuncia, preme na seguinte ligazón:
Esta denuncia está a ser acompañada polo grupo parlamentario AGEe, que a través da súa eurodiputada, Lidia Senra, trasladará nos vindeiros días á Comisión Europea a situación de discriminación que están a sofrer as mulleres na Área Sanitaria de Vigo.
Dende a Plataforma somos conscientes de que camiñar cara a igualdade non é doado, máis o 22 de marzo, a pesar do fatídico suceso, emprendíamos unha viaxe que non ten volta atrás na defensa da sanidade pública e da igualdade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

0 comentarios: