12 abr 2016
[NOTA INFORMATIVA] Reunión co Alcalde de Cangas

Cabe destacar a boa
acollida, por parte de tódolos grupos parlamentarios con representación no
Parlamento Europeo, no que respeita á denuncia presentada pola AGDSP perante a
Comisión Europea sobre o modelo de Concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro, e
tamén amosaron moito interese pola reivindicación que a Plataforma de Cangas
tivo a oportunidade de presentar sobre o dereito á igualdade das mulleres da
Área Sanitaria de Vigo cando se teñen que enfrontar ao cancro de mama. Esta igualdade se atinxe si tódalas mulleres fosen atendidadas na
Unidade Multidisciplinar de Patoloxía de Mama que está ubicada no Hospital
público Meixoeiro, que cumpre cos requisitos marcados no informe presentado na
Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Oportunidades o 7 de maio de 2003
e aprobado polo Parlamento Europeo, ademáis de ter sobrada capacidade para
facelo.
Aproveitamos esta reunión co Sr. Alcalde non só para informar dos pasos
dados e a acollida que tivemos, senón que tamén dos pasos que continuamos a dar
neste sentido. Seguimos
traballando en coordinación cos grupos parlamentarios europeos mencionados, con
especial meción a AGE, que formulará unha pregunta parlamentaria, acompañando á
petición que a Plataforma fará na Comisión de Peticións de dita institución.
É a nosa maneira de proceder, seguir loitando na defensa da Sanidade
Pública e informar á cidadanía e ás institucións locáis dos avances
conseguidos, maila que sentimos certa tristura (así o expusemos na reunión
deste luns) ao comprobar que o apoio institucional non estivera á altura das
circunstancias, sobre todo cando esta expedición galega na defensa dos
dereitos, na que se atopaban tres persoas de Cangas, foi sorpredida á súa
chegada a Bruxelas por un fatídico, lamentable e inesquecible acontecemento.
Nas nosas retinas, sobre todo nas dos membros que o presenciaron en primeira
persoa, quedará grabada para sempre o acontecido e esta data: 22 de marzo.
A pesar da tentativa de amedrentamento por parte dos terroristas, a
pesar do desliz do noso goberno local, continuamos sen dar NIN UN PASO ATRÁS!
É certo que non é o único desliz do que tivemos que falar nesta reunión,
xa que non poidemos deixar de mencionar (crítica constructiva) o esquecimento
na coordinación de axuda ás persoas refuxiadas, cando se abre unha nova campaña
de recollida. Nos sorprende que non fosemos convocados nin siquera comunicados
deste novo evento, sobre todo cando, cabe lembralo, a iniciativa inicial partía
desta Plataforma, remitindo unha carta ao Concello dando algunhas ideas que se
tiveron inicialmente en conta e, por suposto, póñendonos á súa enteira
disposición para o que estimasen oportuno.
Como dicíamos, esta é unha crítica constructiva e desexamos que non só
se teña tomado nota senón que, para este tema e para calquera outro no que
priman os intereses da grande maioría da cidadanía, sexan persoas que fuxen do
terror, sexan persoas que padecen a descriminación sanitaria, queremos seguir
avanzando pola “estrada da unidade”. Por iso é que continuamos a nosa reunión
para facer valoración de algúns asuntos que afectan directamente a veciños e
veciñas de Cangas:
· Non podemos esquencer o
Centro de Saúde de Aldán – O Hío. Lamentablemente a veciñanza destas dúas
parroquias, volven a perder outro ano máis ao non atinxir os obxectivos
marcados nas sesións plenarias nas que se aprobaron mocións orientadas á esixir
á Xunta de Galicia que se incluísen partidas orzamentarias destinadas á
construcción do devandito e archi-prometido centro de saúde. Xa coa vista posta
no 2017 e reiniciando a esperanza de cara ás vindeiras eleccións, na que non
descartamos un cambio de goberno autonómico, ábrese unha nova oportunidade
sobre a que non debemos deixar de traballar para que nos vindeiros orzamentos
non se lle peche a porta a unha atención sanitaria acorde ao século no que
vivimos para as parroquias de O Hío e tamén Aldán, ámbalas dúas con
deficiencias de primeiro grado, como xa denunciamos en innumerables ocasións.
· Tamén debemos traballar á
reo e coa expectativa posta na constitución da Área Metropolitana como tal. Xa
que aquí debemos abordar moi seriamente o tema de mobilidade, especialmente no
que á comunicación con liñas directas e regulares dende o Morrazo ao Álvaro
Cunqueiro. Defender a Sanidade Pública, tamén é achegar os seus servizos á
cidadanía.
· Solicitamos o apoio
institucional á manifestación que terá lugar o vindeiro 12 de maio en Vigo polo
rescate da Sanidade Pública e do que seguiremos informando nos vindeiros días.
Convocada pola Xunta de Persoal da Área de Vigo e SOS Sanidade Pública.
· Para rematar este
encontro, anunciamos unha gran manifestación en Cangas para despois do verán,
na que queremos que volte á primeira plana da actualidade a construcción do CAR
nos terreos da Rúa, tal e como estaba previsto no informe técnico da
Consellería de Sanidade do ano 2008. O pronunciamento e apoio por parte do
Concello ten que ser claro e rotundo se queremos que a débeda que a Xunta
mantén co Morrazo deixe de ser histórica para pasar a formar parte da historia.
Tra-la exposición dos motivos
que nos levaron a manter esta reunión, o Sr. Pazos comezou por recoñecer non ter dado unha
resposta axeitada ás circunstancias vividas polos membros da Plataforma en
Bruxelas, tanto no que repeita á declaracións institucionáis como no trato
persoal.
Como cabía de esperar,
comprometíase coa Plataforma a apoiar activamente tanto a manifestación que
terá lugar en Vigo o vindeiro 12 de maio como a que queremos organizar en
Cangas o vindeiro outono.
Tamén se comprometeu a non
tirar a toalla na loita polo Centro de Saúde de O Hío – Aldán e a loitar dende
a Área Metropolitana por unha comunicación directa e regular ao hospital de
futura referencia para o Morrazo.
Ainda que non estaba previsto,
volveu saír a colación a solicitude feita por parte da Plataforma dun espazo no
Concello orientado a levar a cabo a nosa actividade e mellorar
considerablemente o contacto directo desta entidade cívica coa cidadanía. A
disposición do Alcalde neste sentido é total.
Dende a Plataforma queremos
agradecer públicamente a predisposición do Alcalde de Cangas en recibirnos e
escoitar as nosas críticas e propostas para seguir tentando alcanzar os
obxectivos polos que cada día saímos á rúa: Nin un paso atrás na defensa do noso
dereito á unha sanidade 100% pública, nin un paso atrás na defensa da
igualdade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
100462
0 comentarios: