28 feb 2016
O transporte ao Hospital Álvaro Cunqueiro non avanza
![]() |
Fonte: FdeV |
A través da prensa local, nos
sobresaltaba un titular que inicialmente chamaba á esperanza ao coñecer
que os
Concellos de Cangas e Moaña se reunían en Santiago co subdirector xeral de
Ordenación do Transporte para analizar a comunicación co Hospital Álvaro
Cunqueiro. Estas esperanzas se esfumaban ao tempo que desgranábamos polo miúdo
o contido de dita reunión.
Xa en setembro de 2015, reunidos
tanto o Alcalde e Alcaldesa de Cangas e Moaña, respectivemente, os edís de
Mobilidade, así como as Plataformas de Sanidade de ámbolos dous concellos,
representantes de persoal sanitario que reside na comarca e o xerente de
Monbus, acordamos que, a través das institucións locáis, se presentarían
alegacións á Xunta de Galicia para mellorar a insuficiente proposta inicial.
Comprobamos que estes cinco meses de espera
foron tempo perdido e que os comunicados das institucións locáis, coas
mencionadas alegacións, ainda deben estar nalgunha “bandexa de entrada”, sen
revisar. Temos a sensación, polo que lemos, de que nesta reunión se parte de
cero, de que o Subdirector Xeral descoñecía ata onte o contido de ditas
alegacións e por tanto as reivindicacións de ambos Concellos, incluso antes da
posta en marcha do Novo Hospital de Vigo; insistimos, xa en xaneiro de 2015, as
Plataformas de Cangas e Moaña elaborábamos un escrito onde alertábamos á
Directora de Mobilidade do caos que ía supoñer o traslado de Hospital sen facer
unha valoración previa das necesidades en materia de mobilidade da comarca,
para o que nos poñíamos a súa inteira disposición.
Ademáis de estos cinco longos meses en
“stand-by”, cabe salientar que para a Plataforma a reunión mantida onte non é
ningún avance neste “conflicto” que se dilata no tempo, ao non adquirir ningún
compromiso concreto máis aló dun estudo, basándoo sobre todo na rentabilidade.
Ainda que pareza obvio, cabe recordarlle ao Sr.
Subdirector que o transporte público non é un negocio e por tanto non pode
primar a rentabilidade en detrimento dos intereses dos cidadáns, uns intereses
que son imprescindibles ter en conta sobre todo cando este servizo PÚBLICO de
transporte está orientado cubrir unha necesidade como é o desprazamento a un
hospital.
Non podemos permitir que os habitantes da
comarca do Morrazo volvan ser tratados como cidadáns de segunda ao non poñer a
nosa disposición un servizo público de transporte o máis equiparable posible ao
resto da poboación coa que compartimos Área Sanitaria, polo que non moveremos
un ápice a nosa proposta inicial, na que principalmente reclamamos unha liña
regular e directa co Hospital Álvaro Cunqueiro que hoxe, dadas as deficiencias,
parece estar a anos luz da nosa comarca.
En Cangas, a 25 de febreiro de 2016
Dossier de prensa:
- Faro de Vigo: SOS Sanidade no ve avances en el transporte al Cunqueiro
- Morrazo al Día: A Plataforma en Defensa da Sanidade insiste na necesidade dunha liña “regular e directa” co Hospital Álvaro Cunqueiro
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

Contacto
Páxinas vistas
0 comentarios: