18 ene 2015

postheadericon SOS Sanidade critica a ´falta de previsión´ no transporte ao novo hospital

Os veciños que solicitaron o cambio de adscripción seguirán realizando as analíticas e radiografías nos seus respectivos de centros de saúde

A Plataforma SOS Sanidade Pública recibiu esta semana unha resposta por escrito a varias das cuestións que suscitou á xerencia de xestión de integrada de Vigo (EOXI) despois do proceso para que os veciños que o desexasen cambiasen A súa adscripción de POVISA a un hospital público. O comunicado vén asinado polo xerente, Mario González, pero as explicacións que se aportan no documento resultan "insuficientes" para a plataforma, que pedía unha entrevista persoal para transmitir as súas inquedanzas.

Unha das cuestións que máis preocupa aos usuarios está relacionada co servizo de transporte tanto para desprazarse ao Meixoeiro e ao Xeral como ao novo hospital de Valladares. SOS Sanidade Pública lamenta que no escrito do EOXI non se faga mención a este asunto, o que ao seu xuízo indica "unha falta de previsión moi grave" e que afectaría aos 2.500 veciños de Cangas e Moaña que solicitaron o cambio de hospital.


A plataforma tamén suscitaba outras interrogantes, coma se os usuarios que tramitaron o cambio de adscripción poderían seguir realizando as radiografías e analíticas nos centros de saúde ou si deberían desprazarse ao centro de especialidades da Dobrada. A resposta do EOXI é que os veciños que decidan cambiar de hospital poderán seguir realizando as analíticas e radiografías nos seus respectivos centros de saúde e que dispoñerán do servizo de *hospitalización a domicilio do Chuvi (Complexo Hospitalario de Vigo). "Non podía dar unha resposta diferente", saúdan desde a Plataforma.

Doutra banda, desde o EOXI informaron de que se poden realizar visitas guiadas ao novo hospital de Valladares e que é necesario organizar grupos de 20 persoas. SOS Sanidade Pública empezará a traballar na organización do primeiro grupo e si fose necesario, en función do interese dos veciños, solicitaría o máximo número de visitas posibles.


(Fonte: Faro de Vigo)

Carta remitida pola xerencia do EOXI (13 de xaneiro de 2015):



1 comentarios:

Anónimo dijo...

Joder cambio de hospital pola vosa culpa e agora non teño transporte. Xa vos vale, enganades ben vos. E que hai que fastidiarse dicides que axudades á xente a agora atópome con isto. ¿Non sera que único que queredes é impor a vosa idea política? Que por certo se nota que é bastante radical. Espero que non enganedes a ninguén máis. A min non me mirades máis o pelo.

SOS Sanidade Pública

C. de Saúde do Hío, XA!

C. de Saúde do Hío, XA!
Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!

Polo CAR para o Morrazo

Redes sociais

Síguenos

100% público

100% público

POVI$A: listas de espera

POVI$A: listas de espera
Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com
.

Informe POVISA

Kiko da Silva

Kiko da Silva

Alianza Social do Morrazo

Alianza Social do Morrazo

Páxinas vistas

Powered By Blogger