28 dic 2014
Tempos de espera preferentes

1.- Que esta medida supón un novo intento de maquillar a desastrosa situación da Sanidade Pública Galega (sometida a recortes e privatizacións que están deteriorando a súa calidade e dificultando o acceso da poboación aos servizos) cunha medida enganosa
2.- Preténdese confundir á publicación dunha lexislación- trampa que establece un máximo de 60 días de lista de espera quirúrxica e de 45 para probas diagnósticas destinadas a patoloxías importantes. Esa medida incrementa os tempos de espera garantidos para enfermos graves xa que a Lei de Garantías establecía as mesmas demoras para todas as patoloxías (foran ou non importantes para a saúde)
3.- Estes tempos de espera aumentan substancialmente os establecidos pola propia administración para enfermidades graves en Galicia: 5,4 días para cancro de mama, 4,5 para o de pulmón, 11,8 para o de colon, etc, ou en probas diagnósticas: 4,3 para oncoloxía, 8,4 para ciruxía cardíaca ou 10 para a torácica. En resumo os tempos para patoloxías de prioridade 1 eran de 16 días e para prioridade 2 de 49,6.
4.- A finalidade última é derivar pacientes aos centros privados, pese a que non están preparados para iso. Hai que recordar que os tempos de espera quirúrxica nos hospitais públicos é de 61 dias fronte aos 200 do hospital privado POVISA (o maior de Galicia e recentemente beneficiado cunha prolongación do seu Concerto Singular por dez anos).
Desde a nosa Asociación esiximos que se derrogue a medida e que se abran os hospitais pola tarde para poder utilizar todos os recursos dispoñibles instalados nos centros públicos (que explican unha parte substancial das lista de espera)
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
26 de decembro de 2014

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mi lista de blogs
C. de Saúde do Hío, XA!

Xa temos os terreos, e o SERGAS que fai? Enredar.
Queremos médico todo o ano!
100% público

POVI$A: listas de espera

Pola redución das listas de espera en POVI$A
As listas de espera cirúrxicas de POVI$A son as máis grandes de todos os hospitais de Galicia. Das listas para consultas externas e probas diágnósticas nada se sabe, por estar ocultas á opinión pública.
A Plataforma quere contrastar a campaña de desinformación do SERGAS e de POVI$A cos datos reais aportados pola propia cidadanía, por iso pedimos a súa colaboración.
Reclame en atención ao doente de POVI$A ou acuda á Inspección Médica e póñase en contacto connosco enviándonos unha copia ou unha mensaxe, dirixíndose ao apto. 146 de Cangas ou por email a plataformasanidadecangas
@gmail.com.
Webs adheridos
Kiko da Silva

Plataformas de Galicia
- SOS Sanidade Pública
- Plataforma Contra a Privatización - Pontevedra
- Plataforma en defensa da Sanidade Pública - Área do Ferrol
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza
- Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín
- Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense
Sindicatos da sanidade
Publicacións
Alianza Social do Morrazo

1 comentarios:
Morro de risa coas vosas mentiras. Menos política mais traballo e boa sanidade. E como non outra puñalada as 1400 familias que traballan en POVISA. Moitas gracias politicuchos.